Cluster Audiovisual Galego

“Decorado” (Abano Producións), Premio Quirino 2026 á mellor longametraxe de animación

20-04-2026

A película española “Decorado”, dirixida por Alberto Vázquez e coproducida pola nosa asociada Abano Producións, alzouse co galardón á mellor longametraxe de animación iberoamericana nos Premios Quirino 2026.

Os Premios Quirino anunciaron os gañadores da súa novena edición na gala celebrada este 17 de abril en Santa Cruz de Tenerife, cun palmarés repartido entre distintos países que reflicte a diversidade e o potencial creativo da animación iberoamericana.

Os premios repartíronse entre cinco países, con España á cabeza con tres galardóns, seguido de Colombia, Portugal e Brasil, con dous cada un, e Arxentina cun; o que segundo os organizadores reflicte “a diversidade e o potencial creativo” da industria da animación en Iberoamérica.

“Decorado”, do director, ilustrador e novelista gráfico galego Alberto Vázquez, é unha fábula protagonizada por un rato de mediana idade que sofre unha crise existencial e enfróntase a un mundo distópico repleto de violencia e falta de humanidade.

Inspirado na curtametraxe homónima do director, o filme é unha coprodución entre as españolas María e Arnold AIE, Abano Producións, Uniko e Glow Animation, e a portuguesa Sardinha em Lata.

Este é o terceiro Quirino de Vázquez, gañador en dúas ocasións do galardón a Mellor Curtametraxe —por “Decorado” (2018) e “Homeless Home” (2021)—. Ademais, en 2023 foi nomeado coa súa longametraxe “Unicorn Wars”.