La Tribu Verde recibe o accésit Responsabilidade Social Empresarial nos Premios AJE Galicia
A consultora de sustentabilidade e asociada do Clúster, La Tribu Verde, gañou o accésit Responsabilidade Social Empresarial (RSE) Vegalsa-Eroski na XV edición dos Premios Xove Empresaria/o de AJE Galicia, celebrada en marzo. É o segundo recoñecemento que recibe nos últimos meses, tras gañar en outubro o de Responsabilidade Social Corporativa (RSC) Vegalsa-Eroski nos AJE Emprende 2025.
La Tribu Verde é unha consultora de sustentabilidade que ofrece información e propón plans para que as producións audiovisuais sexan máis eficientes desde o punto de vista enerxético e ambiental. Ana de Aspe e Raquel Seijas son as súas fundadoras. Desde que o ano pasado obtiveron o recoñecemento de AJE Emprende A Coruña, a súa actividade creceu. Atresmedia, Prime Vídeo e Movistar, entre outras, solicitaron os seus servizos.