Cluster Audiovisual Galego

Series Mania Forum 2026 reforza o seu papel como mercado estratéxico para o audiovisual galego

27-03-2026

As produtoras Portocabo e Setemedia participaron no mercado internacional Series Mania Forum 2026, que se celebrou esta semana na localidade francesa de Lille, no marco dunha misión comercial promovida polo Clúster Audiovisual Galego.

O Series Mania Forum 2026 volve consolidarse como un dos mercados profesionais máis influentes de Europa para a industria das series. Cada edición reúne a produtoras, plataformas, televisións, distribuidoras e axentes de financiamento de todo o mundo, converténdose nun espazo decisivo para detectar tendencias, pechar acordos e dar visibilidade a novos proxectos.

A presenza galega en Series Mania Forum reforza a internacionalización do sector, a captación de investimento para proxectos locais e a proxección de talento que xa está a destacar no panorama estatal.

Para as nosas produtoras asociadas, a edición de 2026 supuxo unha nova ocasión para consolidar alianzas, presentar proxectos e reforzar a presenza do audiovisual galego nun dos foros máis influentes do continente.