“LEO & LOU” (Frida Films) recoñecida con dous galardóns no 29º FIFEM Festival International du Film pour Enfants de Montréal
A 29ª edición do FIFEM Festival International du Film pour Enfants de Montréal vén de premiar a película da nosa asociada Frida Films “LEO & LOU”, con dous galardóns: Gran Premio do Xurado Profesional e Premio á Mellor Longametraxe do Xurado Infantil.
O filme, dirixido por Carlos Solano e protagonizado por Julia Sulleiro e Isak Férriz, xa está dispoñible en Netflix.
Sinopse
Con apenas 10 anos, Leo fúgase dun centro de acollida. E no seu camiño crúzase con Lou, un tipo gruñón, experto en meterse en líos. Lou cree que lle fai un favor levándoa de volta a casa, pero Leo convertiuno, sen sabelo, no seu compañeiro de fuga rumbo a unha competición de pesca. Así comeza a viaxe desta peculiar parella: unha nena que non fala e un home que non quere escoitar.