11-03-2026
O Clúster Audiovisual Galego, en colaboración con Vacalouras, celebrará o vindeiro
martes 24 de marzo, ás 10:00 horas, o
webinario "A certificación ambiental nas producións audiovisuais". A certificación ambiental é un recoñecemento que se outorga ás producións que
cumpren cuns criterios de sustentabilidade e que realizan un esforzo para reducir a
súas emisións de carbono. Estes certificados avalan que os métodos de traballo e os
materiais empregados responden a uns estándares ecolóxicos e sostibles. Nesta
sesión explicaremos as características dos principais tipos de certificacións
ambientais para as producións audiovisuais.
Esta actividade está dirixida aos socios do Clúster. Para asistir é necesario rexistrarse a través do seguinte formulario.
Axenda
10:00/10:05h Benvida – Gaspar Broullón, vicepresidente do Clúster Audiovisual Galego.
10:05/10:45h Principais certificacións ambientais de producións audiovisuais –
Rebeca Ros – Vacalouras.
10:45/11:00h Preguntas dos asistentes.
Contidos
• Certificación I: GREEN PRODUCTION GUIDE.
• Certificación II: ALBERT.
• Certificación III: GREEN FILM.
• Certificación IV: GREEN SCREEN.
