“Decorado”, de Abano Producións, recibe a Medalla do Círculo de Escritores Cinematográficos a Mellor Película de Animación
“Decorado”, filme dirixido por Alberto Vázquez e coproducido pola nosa asociada Abano, vén de gañar a Medalla do Círculo de Escritores Cinematográficos (CEC) a Mellor Película de Animación.
A cinta resultou distinguida polos premios máis antiguos da cinematografía en España, que este lunes 23 de febreiro celebraron a súa 81ª edición cunha gala en Madrid.
Con guión de Alberto Vázquez e Francesc Xavier Manuel, “Decorado” é unha produción de Chelo Loureiro, Iván Miñambres, J. M. Fdez de Vega, Nuno Beato e Diogo Carvalho. É unha produción de Abano Producións, Uniko, The Glow, María Y Arnold AIE e Sardinha Em Lata. A distribuídora Le Pacte encárgase das vendas internacionais da película, que conta co respaldo de RTVE, ETB, TVG, Movistar Plus+, ICAA, Agadic, a Deputación de Badaxoz, o Goberno Vasco e a Deputación Foral de Bizkaia.
Sinopse
Arnold é un rato de mediana idade atrapado nunha crise existencial. O seu matrimonio desmoróasea, a súa vida seméllalle absurda e comeza a sospeitar que todo ao seu arredor é unha gran farsa. Cando o seu mellor amigo morre en circunstancias sospeitosas, Arnold convéncese de que algo non encaixa. O que comeza como unha paranoia cotidiá convértese nunha fuxida desesperada cara algo que se pareza, aínda que sexa un pouco, á liberdade.