Cluster Audiovisual Galego

O Coruña Estudio Inmersivo (CEI) celebra o seu primeiro aniversario

16-02-2026

O Coruña Estudio Inmersivo (CEI) celebra o seu primeiro ano de actividade tras converterse nun referente da produción audiovisual inmersiva en España. Desde a súa apertura, o CEI acolleu unha ampla variedade de proxectos, que van desde rodaxes cinematográficas e shootings de moda ata conferencias e presentacións corporativas, posicionando A Coruña como un foco de innovación tecnolóxica e creatividade audiovisual.

En febreiro 2025, realizouse un acto inaugural coa asistencia do ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, Óscar López Águeda, e do presidente da Deputación da Coruña, Valetín González Formoso. Tamén estiveron presentes o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Loberas, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, a secretaria de Estado de Dixitalización, María González Veracruz, e o presidente do Clúster Audiovisual Galego, Alfonso Blanco, entre outros.

Tras ese evento inaugural, Pedralonga Estudios, responsable da xestión do estudio virtual do CEI, realizou unha segunda presentación dentro do marco do 73º Festival de San Sebastián. Nese acto presentouse as instalacións ao sector audiovisual, destacando a súa capacidade para integrar tecnoloxía de última xeración con creatividade de alto nivel.

Durante este primeiro ano, o CEI participou en eventos crave do sector como Valladolid Shooting Locations, Iberseries e London Focus 2025, reforzando a súa proxección internacional. Entre os proxectos realizados inclúense escenas para unha película de Vaca Films, shootings de moda para marcas do grupo Inditex, o especial de Hora25 da Cadena SER, así como xornadas do I+P Ideas para producir organizadas polo Clúster Audiovisual Galego. Tamén traballaron no CEI axencias e produtoras como Idea Creatividad, Undodez Producións ou Avestudio, que desenvolveron campañas corporativas e de moda.

“Este primeiro ano foi unha demostración de diversidade de proxectos e colaboración con empresas e profesionais que confían na nosa capacidade para ofrecer solucións innovadoras en produción audiovisual”, sinalan desde Pedralonga Estudios. “Nos próximos meses desvelaremos novos proxectos que seguirán reforzando a A Coruña como un referente de produción en España”.

O 2026 traerá máis novidades coa apertura de dous novos estudios tradicionais de 2.000 m² e 2.500 m², ampliando o espazo do CEI e consolidando a zona como un hub audiovisual de referencia.

Cun equilibrio entre tecnoloxía, creatividade e versatilidade, o CEI establécese como un espazo crave para virtual production, adaptándose ás necesidades de cinema, moda e eventos corporativos, e proxectando o talento audiovisual galego a nivel nacional e internacional.