Filmax estreará en cines o 8 de maio "Un hijo", de Nacho La Casa
A película "Un hijo", dirixida por Nacho La Casa, estrearase en cines o 8 de maio da man de Filmax, logo de ter a súa premiere mundial no prestixioso Festival Internacional de Cine de El Cairo. Nacho La Casa, produtor e coguionista de “Sevillanas de Brooklyn”, produtor de “El plan”, e codirector da película de animación “Ozzy”, debuta con "Un hijo" na longametraxe de ficción.
A película conta coa participación de RTVE, Movistar Plus + e Canal Sur, co apoio da Junta de Andalucía, a Comunidad de Madrid, a Diputación Foral de Álava e o programa Europa Creativa MEDIA, e con financiación do ICO. As vendas internacionais corren a cargo de Filmax.
Protagonizada pola gañadora do Premio Goya Macarena García (“Blancanieves”), o nomeado ao Premio Goya Hugo Silva (“Un amor”) e o debutante Ian Cortegoso, "Un hijo" é unha produción de Capitán Araña, Guion Alto, Veleta Films AIE e Vicinema.
Juan R. Apolo firma o guión xunto a Nacho La Casa a partir da novela homónima de Alejandro Palomas, obra galardoada cun Premio Nacional de Literatura e traducida a máis de 18 idiomas.
Sinopse
María, unha psicóloga escolar sen experiencia, intúe que, trala aparente felicidade dun neno de 8 anos recén chegado ao cole, agóchase un segredo de imprevisibles consecuencias. Para descubrilo deberá descifrar o que a mente de Guille traduce en debuxos e, ademais, vencer a intransixencia do seu pai.