Vaca Films roda “Lobo”, unha miniserie de época sobre o primeiro asasino en serie documentado de España, que se emitirá en Netflix
Vaca Films roda para Netflix “Lobo”, unha miniserie de época protagonizada por Luis Tosar e Tristán Ulloa. A ficción, dirixida por Javier Rodríguez Delgado e Alberto Marini, quen tamén se encargou do guión xunto a Juan Galiñanes, baséase no caso real de Manuel Blanco Romasanta, un xastre itinerante que vivía na Galicia rural do século XIX e que pasou á historia como o primeiro asasino en serie documentado de España, cuxa defensa deu orixe á lenda do home lobo.
Esta gran produción de época rodarase ata o próximo mes de maio en diversas localizacións da comunidade galega. Entre elas atópanse Santiago, Lalín, Sobrado dos Monxes, Monfero, Ribadavia e Celanova. O ton está exposto como un thriller psicolóxico, cun forte peso na tensión psicolóxica e na recreación da Galicia de 1850.
"Clanes" 2
Así mesmo, este luns, Netflix deu a coñecer que este 2026 será o ano do regreso doutra produción da nosa asociada Vaca Films rodada en Galicia, e é que a esperadísima segunda tempada de “Clanes”, aínda sen data do estrea confirmada, será unha das grandes novidades da plataforma dos próximos meses.