Vigo acolleu a preestrea de “Rondallas”, producida por Mister Fields and Friends
Vigo acolleu o xoves a premier de "Rondallas", a última longametraxe coa que o director Daniel Arévalo levará a salas de toda España a tradición musical de Galicia. A estrea en cinemas será o 1 de xaneiro de 2026, cun elenco conformado por grandes nomes do audiovisual galego. Javier Gutiérrez, María Vázquez, Judith Fernández, Tamar Novas, Carlos Blanco e Fer Fraga son algúns dos protagonistas dunha cinta que tamén conta coa participación de Xosé A. Touriñán, Marta Larralde e Lola López Rodríguez.
“Rondallas” sitúa a historia dous anos despois dun tráxico naufraxio dun barco pesqueiro que sacudiu a un pequeno pobo mariñeiro galego, algúns membros da rondalla. Nese momento deciden que é hora de recuperar a ilusión e deixar o loito atrás e para iso volven unirse para poñela en marcha.
O filme, unha produción do noso asociado Ramón Campos para Mister Fields and Friends e Bambú Producciones e Rondallas Movie AIE, estreouse na pasada edición do Festival de San Sebastián.