Cluster Audiovisual Galego

“Dímelo bajito” estréase como a película máis vista de Prime Vídeo

16-12-2025

“Dímelo bajito”, producida pola nosa asociada Vaca Films, faise co número 1 na súa primeira fin de semana entre tódalas películas de Prime Vídeo tras só 3 días dispoñible.

A cinta dirixida por Denis Rovira e protagonizada por Alicia Falcó, Fernando Lindez e Diego Vidales, escrita por Jaime Vaca adaptando a novela homónima de Mercedes Ron alcanzou o número uno en ata 33 países diferentes, dos 52 que monitoriza a plataforma Flixpatrol.

En “Dímelo bajito”, Kamila teno todo controlado: estudos, vida social, a súa imaxe… Todo excepto o inesperado regreso dos seus veciños, os enigmáticos irmáns Dei Bianco, tras 7 anos de ausencia. Thiago rouboulle o seu primeiro bico e Taylor foi o seu mellor amigo, pero agora a volta de ambos poñerá o mundo de Kami do revés. Poderán superar os tres o pasado que lles une? Ou explotará todo en mil anacos unha vez máis?

“Dímelo bajito” conta coa axuda da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia FEDER 2021-2027.