O Clúster celebrará o 13 de novembro un webinario sobre o xemelgo dixital no sector audiovisual
O Clúster Audiovisual Galego celebrará o xoves 13 de novembro o webinario “O xemelgo dixital no sector audiovisual”. Os xemelgos dixitais son réplicas virtuais que melloran a produción e eficiencia en diversas industrias, converténdose nunha ferramenta fundamental para a transformación tecnolóxica de diversos sectores, entre eles o audiovisual. Durante esta sesión analizaremos como funcionan os xemelgos dixitais e veremos algunhas aplicacións no ámbito do audiovisual.
Esta actividade está dirixida aos socios do Clúster. Para asistir é necesario rexistrarse a través do seguinte formulario.
Axenda
10:00/10:05h Benvida – Gaspar Broullón, vicepresidente do Clúster Audiovisual Galego.
10:05/10:45h O xemelgo dixital no sector audiovisual. Manuel Meijide, director de Mundos Digitales.
10:45/11:00h Preguntas dos asistentes.
Contidos da sesión
Programa webinario xemelgo dixital.
Co apio de:
