Cluster Audiovisual Galego

A película de animación “Decorado”, recoñecida no Fantastic Fest de Austin

29-09-2025

O Fantastic Fest de Austin (EE.UU.) outorgou un importante recoñecemento á película “Decorado”, de Alberto Vázquez. A cinta recibiu unha Mención Especial do Xurado dentro da Sección Oficial.

Tras o seu paso por Austin agora prepárase para novas citas en festivais europeos, incluíndo Fantastic Strasbourg e o Festival de Sitges 2025.

Sobre “Decorado”

“Decorado”, a longametraxe baseada na curtametraxe homónima de 2016 de Vázquez, combina animación para adultos, comedia negra e drama fantástico.

A historia segue a Arnold, un rato de mediana idade en plena crise existencial que empeza a sospeitar que todo á súa ao redor é unha gran farsa tras a morte do seu mellor amigo.

Producida pola nosa asociada Abano Producions, Glow e Uniko, mantén o selo de autor do seu director, reforzando a súa posición como unha obra innovadora dentro da animación española.