“Loca, Porco & Paco”, a nova serie de animación de Undodez, viaxa ao Cartoon Forum 2025
A nosa asociada Undodez Producións, presentará en Cartoon Forum 2025 a nova serie cómica de animación, “Lola, Porco & Paco”. Creada por Andrés Mahía, Xosé Castro e Xosé Antonio Touriñán, esta serie de animación 2D por ordenador, con oito episodios de doce minutos de duración, conta con Laura Mahía como guionista e está dirixida ao público mozo e adulto.
Lola, Porco e Paco son mellores amigos e viven en Ponte Regato, unha tranquila aldea do interior de Galicia ao longo do Camiño de Santiago. Paco é un tímido empregado de gasoliñeira sen ningunha ambición máis alá das pantallas e as festas; Lola, ecofeminista e antitodo, traballa no concello; e Porco é un cocho sucio e caótico en todos os sentidos. As súas vidas, ateigadas de cervezas, vermuts e peregrinos, semellan sinxelas, ata que a sobrecarga dixital converte os seus días en aventuras absurdas cheas de contradicións, conspiracións, activismo e crises de identidade. Son unha instantánea da confusión do século XXI, atrapados nun lugar onde nada cambia… Ou eso parece.”