Cinfo desenvolve a plataforma dixital do concurso “IA: Imaxina o Futuro” impulsado polo Museo Guggenheim Bilbao e a Fundación Euskaltel
A compañía tecnolóxica socia do noso Clúster Cinfo foi a responsable de deseñar e desenvolver a plataforma dixital do concurso “IA: Imaxina o Futuro”, organizado polo Museo Guggenheim Bilbao e a Fundación Euskaltel, coa colaboración de Google Cloud.
O certame convida á cidadanía para explorar a relación entre arte e tecnoloxía a través da intelixencia artificial xenerativa. Baixo o lema “Conexións que inspiran: arte e tecnoloxía para un futuro máis humano”, os participantes poden enviar instrucións (prompts) que son interpretadas pola IA para xerar imaxes innovadoras e creativas.
Para iso, Cinfo integrou a IA xenerativa vision3 de Google Cloud na plataforma e desenvolveu algoritmos propios de optimización de prompts. Así mesmo, o sistema encárgase da xestión e validación de todas as propostas, asegurando un proceso áxil e accesible que facilita a participación e potencia a orixinalidade de cada imaxe.
“Este proxecto reflicte a nosa capacidade para traballar con tecnoloxías de vangarda e colaborar con referentes internacionais como Google Cloud, á vez que apoiamos iniciativas que promoven a creatividade e a innovación na intersección entre arte e tecnoloxía”, sinalan desde Cinfo.
O concurso “IA: Imaxina o Futuro” foi concibido por mor do obxectivo compartido polo Museo Guggenheim Bilbao e a Fundación Euskaltel de fomentar a innovación e a creatividade.