Prime Video anuncia que a súa nova película “Dímelo bajito” estrearase en decembro
Prime Video acaba de lanzar o teaser trailer oficial de “Dímelo bajito”, a súa nova película orixinal española que promete converterse nun fenómeno global. Baseada no bestseller xuvenil de Mercedes Ron, esta historia marca o arranque da triloxía “Dímelo”, que segue á exitosa saga “Culpables”. A estrea está prevista para o mes de decembro.
A película conta no seu elenco con Alicia Falcó (“Las buenas compañías”) no papel de Kami, xunto a Fernando Lindez (“Élite”) como Thiago e Diego Vidales (“Nudes”) como Taylor. A repartición complétana Celia Freijeiro (“Reina Roja”), Patricia Vico (“Operación Marea Negra”), Andrés Velencoso (“Regreso a las Sabinas”), Eve Ryan (“Culpa Mía”) e Fernando Nagore.
Sinopse
Kamila Hamilton cría ter todo baixo control. Pero cando os irmáns Dei Bianco regresan inesperadamente á súa vida, todo o seu mundo comeza a cambalearse. Fai sete anos, Thiago rouboulle o seu primeiro bico… e Taylor sempre foi o seu protector incondicional. Agora, os sentimentos enterrados rexorden máis fortes que nunca.
Poderá Kami resistirse ao magnetismo de Thiago? E que pasará cando Taylor empece a vela con outros ollos? Entre miradas que arden e silencios que gritan, a tensión está a piques de estalar. Porque esta vez, nada será como antes… e o corazón non sempre obedece á razón.
“Dímelo bajito” está producida pola nosa asociada Vaca Films, con Borja Pena e Emma Lustres como produtores, Denis Rovira (“Punto Nemo”) como director e Jaime Vaca (“Élite”) como guionista.