O audiovisual galego presente en MIFA Annecy 2025
As empresas Undodez e Pulpa Rights asistiron esta semana, en Francia, ao MIFA Annecy 2025 cunha delegación do audiovisual galego impulsada polo Clúster. Ambas tiveron a oportunidade de estar no que está considerado como o mercado máis importante do mundo para contidos de animación.
Coincidindo co Festival Internacional de Cine de Animación de Annecy, celébrase MIFA Annecy 2025. Entre os seus obxectivos está reunir aos diferentes actores da industria audiovisual para establecer conexións e discutir oportunidades de negocio como colaboracións e coproducións, financiación e distribución.
Esta nova edición ofreceu diferentes oportunidades de impulso e visibilidade á industria da animación do noso país. Tamén, as empresas puideron asistir a relatorios e conferencias de interese para a súa actividade e presenciar proxeccións de producións.

