Cluster Audiovisual Galego

“A Liga dos Cantantes Extraordinarios” prepara nova temporada na TVG

29-06-2020

A Televisión de Galicia está a preparar unha nova temporada de “A Liga dos Cantantes Extraordinarios”, que, conducida por Paco Lodeiro, regresará en breve á programación para seguir buscando o/a mellor intérprete das orquestras galegas e para  converterse cada semana nun superevento festeiro, con novas probas, máis tensión no concurso, máis humor e moita máis música.

De aperitivo, os espectadores coñeceron o xoves pola noite os cantantes extraordinarios da primeira edición, que o ano pasado se converteu na mellor canteira de cantantes do país e que enfrontou na súa gran final oito pesos pesados das verbenas galegas. Comeza así a conta atrás para a mellor Liga do mundo, que, unha vez máis se xoga, na TVG.