Cluster Audiovisual Galego

Javier Rey e Paz Vega protagonizan o inquietante thriller fantástico "La casa del caracol"

15-06-2020

"La casa del caracol" é o título da ópera prima da nova directora malagueña Macarena Astorga, cuxa rodaxe dará comezo o próximo mes de agosto, protagonizada por Javier Rey e que suporá o regreso ao cine español de Paz Vega.

A película, impulsada polo mozo produtor gaditano Álvaro Ariza, conta con guión de Sandra García Nieto, autora da novela homónima. Rodada na serranía de Málaga e ambientada nunha vila ficticia de Andalucía, "La casa del caracol" será un thriller fantástico e de terror psicolóxico, que nos trasladará a unha atmósfera inquietante chea de personaxes turbadores onde nada é o que semella.

Sinopse

O escritor Antonio Prieto decide pasar o verán na vila da serranía malagueña, onde agada encontrar tranquilidade e inspiración para a súa seguinte novela. Alí coñece a Berta, unha muller pola que sente unha atracción instantánea, así como a algúns personaxes peculiares sobre os que comeza a escribir e investigar.

Antonio comeza a descubrir que os locais gardan numerosos segredos e unha perturbadora lenda oculta. A realidade que vivirá neses días faralle darse conta de que, a veces, a realidade supera con creces os mitos...

A película, que será unha das primeiras en dar motor en España tralo estado de alarma, é un claro exemplo de cine liderado por mulleres: desde a guionista Sandra García Nieto, á produtora executiva, María Luisa Gutiérrez, considerada por VanityFair unha das cinco mulleres máis influíntes do cine español, e coa directora novel Macarena Astorga á fronte.

Álvaro Ariza inicia unha nova etapa no cine trala súa longa traxectoria como produtor noutras facetas do audiovisual. Unha compañía con sede en Cádiz con vocación internacional que ten xa en carteira máis de seis grandes proxectos para os próximos tres anos.

Esto también pasará ponse á fronte desta coprodución entre España, Perú e México/USA que chega avalada pola traxectoria de catro grandes compañías líderes nos seus respectivos territorios.

En España delegou a produción executiva en Mª Luisa Gutiérrez, socia de Bowfinger Int. Pictures, produtora líder no sector nacional con gran traxectoria en coproducións internacionais e conta, o que é un gran valor ao ser unha película de xénero, coa experiencia de Basque Films e co seu socio Carlos Juárez que acaba de gañar o premio do público do último Festival de Toronto e o premio a mellor película no Festival de Sitges, coa súa película de xénero “The Platform” que tivo máxima audiencia en NETFLIX.

Desde Perú únese Tondero, a produtora creada por Miguel Valladares, que é a maior empresa de entretemento do país, responsable de sete dos dez títulos con maior recadación da historia do cine peruano e algúns seleccionados en grandes festivais internacionais como San Sebastián, Toronto ou Málaga ou a nominada ao Goya en 2015, “Magallanes”. Conta cunha importante división de distribución e vendas internacionais e manexa a representación dos actores máis prestixiosos do país, entre os que se encontran os popularísimos Carlos Alcántara (“AsuMare”, “Perdida”, “Siete Semillas”) e Norma Martínez (“Prueba de vida”, “La Vergüenza”, “La esclava Blanca”), que formarán tamén parte do elenco de "La casa del caracol".

A coprodución complétase coa compañía méxico-americana HippoEntertainmentGroup, a nova produtora creada polos recoñecidos actores mexicanos Toño Mauri e Antonio Mauri Alemán, enfocada na produción de contidos de entretemento da máxima calidade para un mercado global, con base en Los Ángeles e México.  Actualmente, a produtora, en alianza con MGM International, encóntrase realizando a súa segunda produción en español, “Mariachis”, unha serie que realza a cultura mexicana, a través da súas tradicions, cultura e unha nova proposta musical contemporánea.

"La casa del caracol" será a primeira produción froito da alianza entre Esto también pasará, Bowfinger International Pictures e HippoEntertainment, que porá en pé un mínimo de cinco longametraxes nos vindeiros dous anos.

A película contará tamén coa participación de Amazon Prime Video. A distribución nacional e internacional correrá a cargo de Filmax e estará dispoñible en Amazon Prime Video en España tralo seu paso por cines.