Cluster Audiovisual Galego

Filmax estreará en cines “Una pastelería en Notting Hill” o vindeiro 17 de xullo

18-05-2020

"Una pastelería en Notting Hill" estrearase o vindeiro 17 de xullo da man de Filmax. A película está dirixida por Eliza Schroeder e protagonizada por Celia Imrie (“El exótico Hotel Marigold”; “Bailando la vida”), Shannon Tarbet (“Killing Eve”; “Beast”) e Shelley Conn (“Charlie y la fábrica de chocolate”; “Terra Nova”). Completan o reparto Rupert Penry-Jones (“Vita & Virginia”; “Silk”) e Bill Paterson (“Fleabag”).

"Una pastelería en Notting Hill" é unha película vital que narra a historia de superación de tres mulleres que conseguen vencer as súas diferencias e aliarse para cumplir un soño en común. A pesar de estar unidas pola dor da perda, o film logra transmitir de forma positiva e alegre un relato feel-good que, á postre, se volve unha oda sobre como seguir adiante logo do duelo inesperado.

Sinopse

Decidida a cumprir o soño da súa difunta nai de abrir unha pastelería en Notting Hill, a moza Clarissa pide axuda á mellor amiga da súa nai, Isabella, e á súa excéntrica avoa, Mimi. Estas tres xeracións de mulleres necesitarán superar a dor, as dúbidas e as diferenzas para honrar o recordo da súa amada Sarah mentres se embarcan nunha viaxe para establecer en Londres unha tenda chea de amor, esperanza e coloridos pasteis.

"Una pastelería en Notting Hill" é o debut na dirección dunha longametraxe da súa directora, Eliza Schroeder: “con esta película quería explorar diferentes loitas de mulleres que se aman e sen embargo, lles resulta difícil conectar. Tamén me atraeu facer unha película sobre tres xeracións. Quería retratar que cando as mulleres se unen, podemos superar os obstáculos, facer algo fermoso, fortalecernos e inspirarnos mutuamente.

En segundo lugar, medrar en Alemaña, estar casada cun home francés e vivir o Londres do Brexit, inspiroume para retratar unha cidade culturalmente diversa. Notting Hill, que foi o meu fogar durante 11 anos, se converteuse no telón de fondo da película, xa que sempre me inspirou este vecindario. Finalmente, despois de perder a miña propia nai hai uns anos, quixen tratar a morte dunha maneira digna, sen escurecela e sen restrinxila, senón deixar que traiga esperanza e vida”.