Cluster Audiovisual Galego

“Ventajas de viajar en tren” e “Elcano y Magallanes”, nomeadas aos Premios Platino 2020

20-03-2020

Dúas películas distribuídas por Filmax foron nomeadas aos Premios Platino Xcaret del Cine Iberoamericano 2020. Trátase de “Ventajas de viajar en tren”, candidata a Mellor ópera prima de ficción iberoamericana, e “Elcano y Magallanes: la primera vuelta al mundo”, candidata a Mellor película de animación.

Estes galardóns están promovidos por EGEDA (Entidad de Gestión de Derechos de los Productores Audiovisuales), con FIPCA (Federación Iberoamericana de Productores Cinematográficos y Audiovisuales) e co apoio das Academias e Institutos de cine iberoamericanos, que aúnan, desde a súa primeira edición en 2014, aos grandes talentos das cinematografías de 23 países iberoamericanos, ensalzando ás producións e aos creadores máis destacados de cada ano con dezanove galardóns e un Premio Platino de Honra.