Cluster Audiovisual Galego

Noticias del Clúster

Volve “Pratos Combinados” á TVG, a serie que toda Galicia estaba desexando ver de novo

Xa levaba tempo pendurada no portal enserie.gal, pero agora a Televisión de Galicia recupera “Pratos Combinados” para a gran pantalla. Cando os galegos están a demandar máis contidos audiovisuais para poder pasar mellor estas semanas, a canle autonómica galega repón, a partir do vindeiro martes, unha das series máis queridas e demandadas pola audiencia, “Pratos Combinados”, unha das ficcións máis míticas e a máis seguida da súa historia, que tan bos momentos fixo e seguirá facendo pasar á audiencia.

Nestes momentos en que tanto se bota de menos a socialización en bares e restaurantes, as aventuras e desventuras que teñen lugar no emblemático Bar Suízo achegarán aos fogares galegos humor a esgalla no prime time dos martes.

Dentro do seu labor de servizo público, a CRTVG é consciente de que neste momento de confinamento, o entretemento é unha parte fundamental deste servizo público, como así o é, obviamente, a información.  Este é o motivo polo que a CRTVG está a manter os seus programas senlleiros de entretemento na grella, sempre tomando as máximas precaucións e prevencións para os seus traballadores. Tamén aumentou a programación infantil e de formación na casa para os máis cativos e está a recuperar momentos históricos do deporte galego.

Emitida entre 1995 e 2006, “Pratos Combinados” foi a primeira comedia de situación desenvolvida integramente por profesionais de Galicia e cun elenco composto na súa totalidade por actrices e actores galegos. Creada e dirixida por Xosé Cermeño, ao longo dos seus preto de 300 capítulos, pasaron pola serie actores tan recoñecidos como os finados Ernesto Chao e Xosé Manuel Olveira “Pico”, Mabel Rivera, Antonio Durán “Morris”, Sergio Pazos, Cristina Castaño, María Castro, Josito Porto, Manuel Millán, María Bouzas, Eva Fernández e Fely Manzano, entre outros.

As tramas desta icona da ficción galega desenvólvense nun bar dunha pequena vila, rexentado por Miro Pereira e a súa muller, Balbina Santos, retornados da emigración en Suíza. Por alí pasan personaxes cómicos como o vividor Antón Santos, irmán de Balbina, o quiosqueiro Tuto, o repartidor Paspallás, o padre Nicanor e o avogado Pedro Barreiro. En cada episodio, Miro e Antón non paran de argallar plans para conseguir cartos ou ir de festa e, para isto, non dubidan en enganar a quen faga falta.

O proxecto Tiivii de Cinfo gaña a convocatoria europea "EIC accelerator”

Cinfo vén de recibir a notificación oficial da aprobación do 100% do seu proxecto “Tiivii: Smart Automatic TV production for everyone”, presentado á convocatoria europea EIC Accelerator. O EIC Accelerator está basado no Instrumento PEME Fase II e de maneira innovadora proporciona apoio en forma de financiamento combinado (combinando subvención e capital).

O esquema EIC Accelerator da Unión Europea apoia “ás pequenas e medianas empresas innovadoras de alto potencial que desexen desenvolver e comercializar novos produtos, servizos e modelos comerciais que poidan impulsar o crecemento económico e dar forma a novos mercados ou perturbar os existentes en Europa e en todo o mundo”. 21 empresas como Cinfo foron finalmente seleccionadas entre 1.849 empresas catalogadas como as máis prometedoras da UE. 180 empresas foron finalistas.

A UE valorou que “a innovación de Cinfo é avanzada e disrutiva, podería ter moitas aplicación e aproveita a fondo as tecnoloxías 5G e a IA; polo tanto, o momento é correcto. Ten o potencial de crear un novo mercado global, que inclúe comunidades arredor dos deportes e novos modelos de negocio para clubes deportivos.”

O comité do EIC Accelerator aprobou un investimento combinado de apoio directo e de capital que significa unha toma de participación de arredor do 20% de Cinfo (pendente de trámites legais e financeiros) e na que se poderían incorporar, de mutuo acordo con Cinfo e co“EIC Fund”, investidores adicionais que queiran comprometerse co proxecto.

O proxecto desenvolverase en 36 meses e, dacordo ao mismo, Cinfo espandirase alomenos en 9 países e cubrirá un total de 14.000 instalacións deportivas, operando baixo os modelos de negocio B2B e B2C, xa que Cinfo lanzará a súa propia OTT de deportes baixo a marca Tiivii. Ademais suporá a creación de 25 novos empregos na área de Intelixencia Artificial.

Cinfo xa está operando en España, México, Xapón e Suíza.

O investimento en I+D executarase principalmente na sede de Cinfo na Coruña e terá como partner destacado o CITIC da Universidade da Coruña.

Sobre Cinfo

Cinfo é unha compañía con sede en Galicia e especializada en sistemas intelixentes de produción automática de vídeo na nube. Ao longo dos seus máis de 15 anos de traxectoria desenvolveu arquitecturas de sistemas de alto rendemento para plataformas OTT (de retransmisión TV a través de Internet), smart TV, televisión dixital, apps móbiles, sistemas de visión artificial e tratamento de vídeo na nube. A tecnología Tiivii de Cinfo permite que cámaras fixas e móbiles gobernadas por intelixencia artificial sigan o xogo e produzan o sinal de TV de forma automática.

Cinfo é unha empresa independente desde Xullo 2018. Contou co apoio e o investimento de Xesgalicia, VigoActivo e Enisa.

 

A CRTVG lanza a serie “A Estiba” ao completo na súa plataforma Enserie.gal

Coñecedores do aumento da demanda dos usuarios dixitais neste momento de corentena obrigatoria pola crise do coronavirus e consonte á súa función de servizo público, a CRTVG pon dispoñible ao completo na súa plataforma Enserie.gal o thriller policialA Estiba”, que comezou a emitirse en liña en setembro de 2019 e que acompañou os galegos na noite dos domingos durante 17 capítulos.

A serie estará dispoñible no arquivo de series en liña da Televisión de Galicia, en que tamén se atopan producións míticas como “Pratos Combinados”, “Mareas Vivas” ou “Matalobos”, ademais de ficcións máis recentes como “Viradeira” ou “Vidago Palace”. A partir de agora, os 17 capítulos de “A Estiba” tamén estarán accesibles neste catálogo de series para que todos os galegos poidan gozar deles.

A Estiba” é un trepidante thriller policial que se inspira no traballo da Policía Nacional e está producida por Voz Audiovisual, creadora de produtos de éxito como “Matalobos” ou “Serramoura”. A serie chamou a atención internacionalmente e é candidata nos Premios Celtic Media Festival a mellor serie de televisión, categoría en que competirá con ficcións tan destacadas como “Line of Duty” e “Guilt”, ambas as dúas da BBC.

Un misterio é o punto de partida de “A Estiba”, que comeza co atraque dun barco no porto da localidade ficticia de Ardora, onde toda a súa tripulación foi masacrada. Cando os axentes de policía van investigar o acontecido, descobren que no porto rexe unha soa lei, a do silencio. Ardora é unha vila próspera, onde se vive da actividade comercial e industrial do seu porto, pero que conta cos índices de criminalidade máis elevados do país. Isto non acabará aquí, pois os xiros no guión convértense en habituais e nela nin os bos son tan bos nin os malos tan malos. A produción ten como protagonistas tres actrices: Melania CruzDesiré Pillado e Antea Rodríguez, que se meten na pel das irmás Fortes, as fillas do comisario da vila. Forman parte dun elenco de cerca de 20 actores e actrices, entre os que destacan Luís IglesiaAna SantosAdrián Castiñeiras e Fernando Dacosta.

“Ventajas de viajar en tren” e “Elcano y Magallanes”, nomeadas aos Premios Platino 2020

Dúas películas distribuídas por Filmax foron nomeadas aos Premios Platino Xcaret del Cine Iberoamericano 2020. Trátase de “Ventajas de viajar en tren”, candidata a Mellor ópera prima de ficción iberoamericana, e “Elcano y Magallanes: la primera vuelta al mundo”, candidata a Mellor película de animación.

Estes galardóns están promovidos por EGEDA (Entidad de Gestión de Derechos de los Productores Audiovisuales), con FIPCA (Federación Iberoamericana de Productores Cinematográficos y Audiovisuales) e co apoio das Academias e Institutos de cine iberoamericanos, que aúnan, desde a súa primeira edición en 2014, aos grandes talentos das cinematografías de 23 países iberoamericanos, ensalzando ás producións e aos creadores máis destacados de cada ano con dezanove galardóns e un Premio Platino de Honra.

A serie “Hierro”, de Movistar+, detén a rodaxe en Canarias da súa segunda tempada

A segunda tempada de “Hierro” viu suspendida a súa rodaxe esta semana pola crise do coronavirus e o estado de alarma declarado no país. A produtora Portocabo decidiu deter a gravación tras un mes rodando na illa canaria de El Hierro, e a maior parte do equipo técnico e artístico xa regresou ao seu domicilio. Alfonso Blanco, produtor executivo de Portocabo, comentou que esperan poder renovar a produción, que tiña prevista a súa finalización en maio, “en canto as circunstancias o permitan de novo”. 

A finais de febreiro presentábase a rodaxe da segunda tempada de Hierro, o thriller policíaco que volve estar protagonizado por Candela Peña e Darío Grandinetti, con Jorge Coira á dirección e Pepe Coira á fronte do equipo de guión. A esta nova tempada, de 6 episodios de 50’, incorporáronse actores como Matias Varela, coñecido pola súa aparición na serie “Narcos”.

A primeira tempada “Hierro”, unha coprodución de Portocabo, Movistar+, Atlantique e ARTE TV, foi unha da serie máis vistas na plataforma Movistar e unha das máis premiadas da tempada, con recoñecemento nos Premios Ondas (mellor serie e mellor actriz protagonista), Premios Iris (mellor guión), Premios Feroz (mellor drama e mellor actriz protagonista) e Premios Mestre Mateo (mellor serie, mellor dirección, mellor guión e mellor dirección de produción). Ademais, no seu percorrido internacional, Hierro viuse en Francia e Alemaña a través do canle ARTE, no que logrou un dos mellores rexistros de audiencia na historia da canle.

Éxito na CRTVG nas candidaturas aos premios Celtic Media Festival, coas dez producións presentadas como finalistas

Éxito absoluto da socia CRTVG nas candidaturas aos prestixiosos premios Celtic Media Festival, xa que fixo pleno e as dez producións presentadas foron seleccionadas nas distintas categorías dos galardóns. Os produtos da Televisión de Galicia compiten con televisións de renome como a BBC, France 3, S4C (Gales), e TG4 e RTE (Irlanda). Este certame, co que se promove a cultura e linguas dos países celtas nos ámbitos do cinema, a televisión, a radio e os novos medios de comunicación, celebrarase entre o 2 e o 4 de xuño na localidade francesa de Quimper. 

Tres programas da Radio Galega foron seleccionados para os premios Celtic Media Festival, que nesta edición rexistrou unha gran concorrencia de produtos radiofónicos. Así, o programa “Galicia por Diante”, presentado por Kiko Novoa, é candidato a mellor magazine; o espazo “Mar de Ardora”, centrado no mundo do mar e presentado por Xusto López Carril, competirá polo premio a mellor espazo de radio documental (“radio documentary”), e “A Bóla Extra”, unha innovadora experiencia de radio televisada, co humor como bandeira, foi seleccionada no apartado de comedia. A emisora pública galega volve, deste xeito, acadar candidaturas internacionais e por triplicado, despois de conseguilas por primeira vez na súa historia neste mesmo certame.

Entre as producións finalistas da Televisión de Galicia están “O que arde”, candidata a mellor drama. Dirixida por Oliver Laxe, esta multipremiada película, con Benedicta Sánchez (premio Goya á mellor actriz revelación) como protagonista, é unha das producións máis importantes dos últimos anos no panorama galego e tamén a película galega máis vista en cines da historia.

O thriller policial “A Estiba”, producido pola socia Voz Audiovisual, é candidato a mellor serie de televisión, categoría en que competirá con ficcións tan destacadas como “Line of Duty” e “Guilt”, ambas as dúas da BBC. 

Na categoría de formato curto, compite o programa de realidade virtual “Un País en 360”, gravado pola socia Adiviña Producións con cámaras 360, que utiliza a tecnoloxía para achegarlles aos espectadores o patrimonio natural e monumental de Galicia. Pola súa parte, o docu-reality de reformas “Galicia Bonita”, en que unha arquitecta percorre a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, é candidata na categoría de programa de entretemento.

Ademais, “Segredos - Desmontando Galicia”, que esta semana comezou a súa segunda temporada na TVG, tras gañar o Premio Mestre Mateo ao mellor programa de televisión, está seleccionada para o premio na sección “history”. Xeografía e patrimonio, tecnoloxía e espectaculares imaxes en 3D, espazos imposibles e lugares emblemáticos de Galicia danse a man nun espazo que trata de descubrir os segredos das grandes infraestruturas e do patrimonio natural, urbanístico e cultural galego desde o punto de vista do entretemento.

Completan as producións finalistas da TVG o programa de divulgación científica “Aquelando’, dirixido sobre todo a escolares e mozos, que é candidato no apartado de programa para nenos, e o documental “Fun o Canaval”, centrado nos instrumentos musicais feitos a partir da cana galega.

Celtic Media Festival  ten lugar desde hai 41 anos de forma rotatoria entre Irlanda, Escocia, Gales, Illa de Man, Cornualles e a Bretaña francesa. Nesta edición compiten producións repartidas entre un total de 23 categorías, que abranguen o mundo do cinema, do deporte, dos medios, da tecnoloxía, da actualidade, do entretemento e da arte.  

Portocabo abre unha nova sede en Gran Canaria

Portocabo, a produtora galega socia do Clúster Audiovisual responsable de “Hierro”, conta cunha nova sede nas Palmas de Gran Canaria desde o pasado mes de xaneiro. Así o anunciou Adolfo Blanco “Fosco”, director xeral de Portocabo, na illa de El Hierro, durante a presentación da segunda temporada da serie orixinal de Movistar+. Portocabo Canarias anunciará a persoa responsable da nova oficina, que nace co obxectivo de expandir o negocio de produción da compañía e de contribuír ao tecido industrial do arquipélago.

O ano 2019 foi especialmente positivo para Portocabo, que incorporou a máis persoas ao seu equipo e agora conta con doce empregados na súa sede da Coruña. “Somos unha xeradora de contidos e dedicámonos á produción executiva de contidos propios ou de terceiros. Empezamos en 2010 con catro persoas e non queremos que a nosa estrutura básica creza demasiado porque non queremos perder axilidade, queremos seguir traballando son múltiples socios nacionais e internacionais” asegura Fosco. Así, Portocabo decidiu apostar pola apertura de novas sociedades ou por participar en sociedades xa existentes. Despois de Canarias, a produtora podería abrir proximamente outra filial mesmo fóra das fronteiras españolas, así como unha nova empresa para xestionar todo o relacionado cos contidos infantís.

“Les bracelets rouges”, a adaptación francesa da serie “Polseres vermelles”, producida por Filmax para TV3, estrea a terceira temporada

TF1, a canle francesa líder de audiencia, estreou este luns,ás 21.05h, a terceira temporada de “Les bracelets rouges”, a adaptación francesa de “Polseres vermelles”, a serie producida por Filmax para TV3, escrita por Albert Espinosa e dirixida por Pau Freixas. En Francia chegou a hora de que os “pulseiras vermellas” se emancipen. Será este o final do grupo?

A primeira temporada de “Les bracelets rouges” estreouse en TF1 en febreiro de 2018. Os dous primeiros episodios da serie, que se programaron en prime time, conseguiron un 24% de cota de pantalla e seguíronos unha media de 5,5 millóns de espectadores. Encabezaron a lista de programas máis vistos e foron amplamente comentados toda a noite en Twitter.

Os espectadores franceses entraron de cheo na vida cotiá deste grupo de adolescentes hospitalizados por enfermidades graves como o cancro, a anorexia ou os problemas cardíacos; heroes que afrontan as súas vidas con valentía e, ao mesmo tempo, con medo ao descoñecido. Unha historia que contrarresta en cada momento a gravidade das situacións coa enerxía e o humor constantes dos seus personaxes.

Máis ou menos un ano despois, en marzo de 2019, TF1 estreaba a segunda temporada de “Les bracelets rouges”, con oito capítulos de 52 minutos. A expectación xerada no país pola serie fixo que TF1 decidira tamén ofrecer as dúas temporadas da versión orixinal catalá, dobrada ao francés. Faino no seu servizo de vídeo á carta MYTF1. As dúas temporadas de “Les bracelets rouges” en TF1 seduciron de 5 a 7 millóns de espectadores por episodio.

Novidades na terceira temporada

O luns pola noite chegou a TF1 a terceira temporada cun cambio de escenario para os protagonistas. Unha nova tanda de oito capítulos de 50 minutos realizados por Jérémy Mainguy, Julien Abraham e Christophe Campos. É a hora de que os pulseiras vermellas se emancipen. Thomas (Audran Cattin), Roxane (Louna Espinoza), Mehdi (Azize Diabate), Louise (Mona Berard) e Côme (Marius Blivet) teñen que aprender a vivir como os demais adolescentes da súa idade, pero a vida fóra do hospital non é tan satisfactoria como se imaxinaban. Clément (Tom Rivoire), para quen a saída só é cuestión de días, teme que a súa amizade non resista a separación. A pesar da chegada de Nour (Hanane El Yousfi), unha nova paciente que non deixa a ninguén indiferente, será este o final do grupo dos “pulseiras vermellas”?

“Polseres vermelles”, unha serie que rompe fronteiras

Producida por Filmax para TV3, escrita por Albert Espinosa e dirigida por Pau Freixas, “Polseres vermelles” estreouse en Televisió de Catalunya o ano 2011 e emitiuse, con moito éxito, durante dúas temporadas. Foi recoñecida con moitos premios nacionais e internacionais, entre os cales destaca o Premio Ondas á mellor serie de televisión obtido o ano 2013 e o premio internacional EMMY KIDS na categoría de series, en 2015.

A serie emitiuse en versión dobrada ao castelán para toda España e tamén se puido ver en Francia, Finlandia, Arxentina, Suecia e México. Nos Estados Unidos, Steven Spielberg produciu unha adaptación titulada “Red Band Society”, que se emitiu para a cadea Fox, e a RAI italiana fixo unha adaptación que obtivo uns grandes índices de audiencia.

A G2 estrea “A Pita Cega”, novo espazo infantil de produción propia, conducido por dous presentadores galegos

A G2 estreou o sábado “A Pita Cega”, un orixinal programa infantil para o “Xabarín Club” de produción propia, que nace da colaboración da CRTVG coas televisións rexionais europeas. Dous presentadores galegos, Estevo González e Ana Oca, metidos na pel de Nando e Lúa, un rapaz e unha rapaza con mentalidade aventureira, acompañarán a audiencia infantil da Galega cada mañá das fins de semana, ás 8.00 horas, nunha viaxe chea de emocións.

Esta nova aposta dos medios públicos galegos por contidos infantís propios e en lingua galega xunto á socia Ficción Producciones é unha adaptación a partir do formato creado por France 3 Bretaña e emitido en lingua bretoa, que vai xa pola súa sexta temporada.

Os máis pequenos da casa poderán gozar ao longo de 36 programas, de media hora de duración, de fragmentos de debuxos animados e actividades para os máis pequenos procedentes de series xa clásicas da programación da TVG, como “As aventuras de Minchi” ou “Tutu” (Ficción Producciones), que compartirán protagonismo con nenas e nenos coa súa particular e divertida visión sobre os temas do día a día.

En cada emisión, “A Pita Cega” conterá, ademais, as mellores curtametraxes realizadas polos alumnas e alumnos dos centros de Primaria participantes en “Nós tamen creamos!”, o concurso de creatividade audiovisual e dinamización lingüística, patrocinado pola Consellería de Cultura, en colaboración coa Corporación Radio e Televisión de Galicia e a editorial OQO.

Esta nova proposta infantil da Galega incorpora tamén outros contidos, como actividades do programa “Axóuxeres”, que mostran unha gran variedade de cousas para aprender xogando: os xogos clásicos de debuxar unindo puntos, como facer monecos con follas de papel, xogar as adiviñas, facer sombras chinesas, escaleiras de palabras encadeadas, etc.

“A Pita Cega” estará tamén dispoñible na app “Xabarín TVG” e na web da CRTVG, a medida que se vaia emitindo cada episodio pola segunda canle da Galega.

“O que arde”,  “Hierro” e “Quen a ferro mata”, as producións máis galardoadas dos XVIII Premios Mestre Mateo do audiovisual galego

A película "O que arde" foi a gran triunfadora dos XVIII Premios Mestre Mateo, que organiza a Academia Galega do Audiovisual e que se entregaron o sábado no coruñés Pazo da Ópera, ao gañar seis galardóns dos doce aos que optaba, entre os que recibiu o recoñecemento á Mellor Longametraxe (Miramemira, 4A4, Kowalski Films e Tarántula) e á Mellor Dirección para Óliver Laxe.  Os académicos tamén recoñeceron a dirección de arte de Samuel Lema Curru Garabal, o traballo na dirección de fotografía de Mauro Herce, na montaxe de Cristóbal Fernández e no son de David MachadoAmanda VillaviejaSergio Silva e Xavi Souto.

A segunda triunfadora da noite foi “Hierro”. A serie da socia do Cluster PortocaboMovistar +ArTe France e Atlantique Productions obtivo catro galardóns: o premio a Mellor Serie de Televisión, ademais de Mellor Dirección de Produción para Ana MíguezMellor Guión para Pepe CoiraFran AraújoAraceli GondaCoral Cruz e Carlos Portela e Mellor Música Orixinal para as composicións de Elba Fernández e Xavi Font.

A película de Paco Plaza producida pola tamén socia Vaca Films “Quen a ferro mata” obtivo tres premios: o de Mellor Actor de Reparto para o lembrado Xan CejudoMellor Actriz de Reparto para María Vázquez e Mellor Maquillaxe e Perruquería para Susana Veira Beatriz Antelo


Da adaptación para a pantalla grande do éxito teatral da compañía Chévere “Eroski-Paraíso” foron recoñecidos os seus intérpretes principais Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo, nas categorías de actor e actriz protagonista. Dous galardóns obtivo tamén Segredos, desmontando Galicia”: o de Mellor Programa de Televisión Mellor Realización para Marcos Barrios Carreira.

“Manoliño Nguema”, producido por Filmika Galaika, gañou o premio ao Mellor Documental, mentres que “Antes de perder”, de RTVE e Cósmica Producións, alzouse co premio a Mellor Serie Web16 de decembro”, dirixida por Álvaro Gago, conquistou o de Mellor Curtametraxe de Imaxe RealHomomaquia de David Fidalgo Omil o de Mellor Curtametraxe de Animación. Santiago cidade de cinema”, de Islandia Producciones, fixo o propio co de Mellor Anuncio e “Esquimales (Heredeiros da Crus)” de Xaime Miranda, co premio ao Mellor Videoclip


El trabajo de María Fandiño en Lobos e Cordeiros” acadou o premio ao Mellor Vestiario, mentres que Lucía Regueiro obtivo o premio de Mellor Comunicadora polo seu traballo en Bamboleo”, da socia CTV.

Ademais de premiar a excelencia dos profesionais e producións do ano a Academia aproveita os Mestre Mateo para recoñecer a traxectoria de profesionais relevantes do audiovisual en Galicia co Premio de Honra Fernando Rey, que este ano foi para o proxeccionista do CGAI-Filmoteca de Galicia, José María Rodríguez Armada Chema.

Para dar unha cálida benvida ao público, a presentadora da gala, Patricia Vázquez, comezou cantando un orixinal tema dedicado á maioría de idade que cumpren neste 2020 os galardóns, acompañada da Orquestra Gaos e un coro de nenos, xunto a un elenco de habilidosas bailarinas.

A presidenta da Academia Galega do Audiovisual, Ana Míguez, reivindicou o traballo de todos os profesionais que forman un sector no que prima a "incerteza" e reclamou "igualdade" na véspera do Día Internacional da Muller ao sinalar que "hai que educar".

"Temos que buscar novos formatos para levar as nosas historias máis alá" porque "este sector pode que non salve vidas, pero pode cambialas", subliñou Míguez, quen celebrou que o audiovisual galego viaxe polo mundo grazas ás novas plataformas.