UE
Cluster Audiovisual Galego

Novas

Aquí poderás encontrar toda a información actualizada tanto sobre a nosa actividade e a das nosas empresas asociadas, e as de todo o panorama audiovisual de Galicia.

Subscríbete ao noso boletín de novas e coñece antes que ninguén o que se está a cocer no noso sector.

Últimas novas

Volve “Pratos Combinados” á TVG, a serie que toda Galicia estaba desexando ver de novo

O proxecto Tiivii de Cinfo gaña a convocatoria europea "EIC accelerator”

A CRTVG lanza a serie “A Estiba” ao completo na súa plataforma Enserie.gal

Todas as novas
Cerrar
Cerrar

Novas

Volve “Pratos Combinados” á TVG, a serie que toda Galicia
estaba desexando ver de novo
Volve “Pratos Combinados” á TVG, a serie que toda Galicia estaba desexando ver de novo

27-03-2020

O proxecto Tiivii de Cinfo gaña a convocatoria europea
O proxecto Tiivii de Cinfo gaña a convocatoria europea "EIC accelerator”

20-03-2020

A CRTVG lanza a serie “A Estiba” ao completo na súa
plataforma Enserie.gal
A CRTVG lanza a serie “A Estiba” ao completo na súa plataforma Enserie.gal

20-03-2020

Volve “Pratos Combinados” á TVG, a serie que toda Galicia estaba desexando ver de novo

27-03-2020

Xa levaba tempo pendurada no portal enserie.gal, pero agora a Televisión de Galicia recupera “Pratos Combinados” para a gran pantalla. Cando os galegos están a demandar máis contidos audiovisuais para poder pasar mellor estas semanas, a canle autonómica galega repón, a partir do vindeiro martes, unha das series máis queridas e demandadas pola audiencia, “Pratos Combinados”, unha das ficcións máis míticas e a máis seguida da súa historia, que tan bos momentos fixo e seguirá facendo pasar á audiencia.

Volver
+ info

O proxecto Tiivii de Cinfo gaña a convocatoria europea "EIC accelerator”

20-03-2020

Cinfo vén de recibir a notificación oficial da aprobación do 100% do seu proxecto “Tiivii: Smart Automatic TV production for everyone”, presentado á convocatoria europea EIC Accelerator. O EIC Accelerator está basado no Instrumento PEME Fase II e de maneira innovadora proporciona apoio en forma de financiamento combinado (combinando subvención e capital).

Volver
+ info

A CRTVG lanza a serie “A Estiba” ao completo na súa plataforma Enserie.gal

20-03-2020

Coñecedores do aumento da demanda dos usuarios dixitais neste momento de corentena obrigatoria pola crise do coronavirus e consonte á súa función de servizo público, a CRTVG pon dispoñible ao completo na súa plataforma Enserie.gal o thriller policialA Estiba”, que comezou a emitirse en liña en setembro de 2019 e que acompañou os galegos na noite dos domingos durante 17 capítulos.

Nestes momentos en que tanto se bota de menos a socialización en bares e restaurantes, as aventuras e desventuras que teñen lugar no emblemático Bar Suízo achegarán aos fogares galegos humor a esgalla no prime time dos martes.

Dentro do seu labor de servizo público, a CRTVG é consciente de que neste momento de confinamento, o entretemento é unha parte fundamental deste servizo público, como así o é, obviamente, a información.  Este é o motivo polo que a CRTVG está a manter os seus programas senlleiros de entretemento na grella, sempre tomando as máximas precaucións e prevencións para os seus traballadores. Tamén aumentou a programación infantil e de formación na casa para os máis cativos e está a recuperar momentos históricos do deporte galego.

Emitida entre 1995 e 2006, “Pratos Combinados” foi a primeira comedia de situación desenvolvida integramente por profesionais de Galicia e cun elenco composto na súa totalidade por actrices e actores galegos. Creada e dirixida por Xosé Cermeño, ao longo dos seus preto de 300 capítulos, pasaron pola serie actores tan recoñecidos como os finados Ernesto Chao e Xosé Manuel Olveira “Pico”, Mabel Rivera, Antonio Durán “Morris”, Sergio Pazos, Cristina Castaño, María Castro, Josito Porto, Manuel Millán, María Bouzas, Eva Fernández e Fely Manzano, entre outros.

As tramas desta icona da ficción galega desenvólvense nun bar dunha pequena vila, rexentado por Miro Pereira e a súa muller, Balbina Santos, retornados da emigración en Suíza. Por alí pasan personaxes cómicos como o vividor Antón Santos, irmán de Balbina, o quiosqueiro Tuto, o repartidor Paspallás, o padre Nicanor e o avogado Pedro Barreiro. En cada episodio, Miro e Antón non paran de argallar plans para conseguir cartos ou ir de festa e, para isto, non dubidan en enganar a quen faga falta.

O proxecto Tiivii de Cinfo gaña a convocatoria europea "EIC accelerator”

20-03-2020

Cinfo vén de recibir a notificación oficial da aprobación do 100% do seu proxecto “Tiivii: Smart Automatic TV production for everyone”, presentado á convocatoria europea EIC Accelerator. O EIC Accelerator está basado no Instrumento PEME Fase II e de maneira innovadora proporciona apoio en forma de financiamento combinado (combinando subvención e capital).

O esquema EIC Accelerator da Unión Europea apoia “ás pequenas e medianas empresas innovadoras de alto potencial que desexen desenvolver e comercializar novos produtos, servizos e modelos comerciais que poidan impulsar o crecemento económico e dar forma a novos mercados ou perturbar os existentes en Europa e en todo o mundo”. 21 empresas como Cinfo foron finalmente seleccionadas entre 1.849 empresas catalogadas como as máis prometedoras da UE. 180 empresas foron finalistas.

A UE valorou que “a innovación de Cinfo é avanzada e disrutiva, podería ter moitas aplicación e aproveita a fondo as tecnoloxías 5G e a IA; polo tanto, o momento é correcto. Ten o potencial de crear un novo mercado global, que inclúe comunidades arredor dos deportes e novos modelos de negocio para clubes deportivos.”

O comité do EIC Accelerator aprobou un investimento combinado de apoio directo e de capital que significa unha toma de participación de arredor do 20% de Cinfo (pendente de trámites legais e financeiros) e na que se poderían incorporar, de mutuo acordo con Cinfo e co“EIC Fund”, investidores adicionais que queiran comprometerse co proxecto.

O proxecto desenvolverase en 36 meses e, dacordo ao mismo, Cinfo espandirase alomenos en 9 países e cubrirá un total de 14.000 instalacións deportivas, operando baixo os modelos de negocio B2B e B2C, xa que Cinfo lanzará a súa propia OTT de deportes baixo a marca Tiivii. Ademais suporá a creación de 25 novos empregos na área de Intelixencia Artificial.

Cinfo xa está operando en España, México, Xapón e Suíza.

O investimento en I+D executarase principalmente na sede de Cinfo na Coruña e terá como partner destacado o CITIC da Universidade da Coruña.

Sobre Cinfo

Cinfo é unha compañía con sede en Galicia e especializada en sistemas intelixentes de produción automática de vídeo na nube. Ao longo dos seus máis de 15 anos de traxectoria desenvolveu arquitecturas de sistemas de alto rendemento para plataformas OTT (de retransmisión TV a través de Internet), smart TV, televisión dixital, apps móbiles, sistemas de visión artificial e tratamento de vídeo na nube. A tecnología Tiivii de Cinfo permite que cámaras fixas e móbiles gobernadas por intelixencia artificial sigan o xogo e produzan o sinal de TV de forma automática.

Cinfo é unha empresa independente desde Xullo 2018. Contou co apoio e o investimento de Xesgalicia, VigoActivo e Enisa.

A CRTVG lanza a serie “A Estiba” ao completo na súa plataforma Enserie.gal

20-03-2020

Coñecedores do aumento da demanda dos usuarios dixitais neste momento de corentena obrigatoria pola crise do coronavirus e consonte á súa función de servizo público, a CRTVG pon dispoñible ao completo na súa plataforma Enserie.gal o thriller policialA Estiba”, que comezou a emitirse en liña en setembro de 2019 e que acompañou os galegos na noite dos domingos durante 17 capítulos.

A serie estará dispoñible no arquivo de series en liña da Televisión de Galicia, en que tamén se atopan producións míticas como “Pratos Combinados”, “Mareas Vivas” ou “Matalobos”, ademais de ficcións máis recentes como “Viradeira” ou “Vidago Palace”. A partir de agora, os 17 capítulos de “A Estiba” tamén estarán accesibles neste catálogo de series para que todos os galegos poidan gozar deles.

A Estiba” é un trepidante thriller policial que se inspira no traballo da Policía Nacional e está producida por Voz Audiovisual, creadora de produtos de éxito como “Matalobos” ou “Serramoura”. A serie chamou a atención internacionalmente e é candidata nos Premios Celtic Media Festival a mellor serie de televisión, categoría en que competirá con ficcións tan destacadas como “Line of Duty” e “Guilt”, ambas as dúas da BBC.

Un misterio é o punto de partida de “A Estiba”, que comeza co atraque dun barco no porto da localidade ficticia de Ardora, onde toda a súa tripulación foi masacrada. Cando os axentes de policía van investigar o acontecido, descobren que no porto rexe unha soa lei, a do silencio. Ardora é unha vila próspera, onde se vive da actividade comercial e industrial do seu porto, pero que conta cos índices de criminalidade máis elevados do país. Isto non acabará aquí, pois os xiros no guión convértense en habituais e nela nin os bos son tan bos nin os malos tan malos. A produción ten como protagonistas tres actrices: Melania CruzDesiré Pillado e Antea Rodríguez, que se meten na pel das irmás Fortes, as fillas do comisario da vila. Forman parte dun elenco de cerca de 20 actores e actrices, entre os que destacan Luís IglesiaAna SantosAdrián Castiñeiras e Fernando Dacosta.