UE
Cluster Audiovisual Galego

Proxectos do Clúster Audiovisual Galego

Prestando atención á evolución do mercado, coñecendo as novas necesidades e adaptándonos ás demandas actuais, no Clúster Audiovisual Galego experimentamos un crecemento cuantitativo e cualitativo! nos últimos anos. 

Somos flexibles. Volvemos a inventarnos unha e outra vez para dar sempre a resposta óptima ás empresas do sector tendo en conta a súas novas esixencias.
As nosas liñas de actuación son:

  • - Innovar e desenvolver o equipo tecnolóxico
  • - Internacionalizar
  • - Dinamizar
  • - Formación
Cerrar

DESTACADOS

Os proxetos máis destacados das últimas datas.
Plataforma sectorial de intelixencia competitiva internacional
Plataforma sectorial de intelixencia competitiva internacional

01-06-2018

Misión comercial inversa con Reino Unido e EE.UU.
Misión comercial inversa con Reino Unido e EE.UU.

09-07-2018

Misións comerciais inversas con Alemaña e Latinoamérica
Misións comerciais inversas con Alemaña e Latinoamérica

25-06-2018

Innovar e desenvolver o equipo tecnolóxico

Para nós é importantísimo prestar atención aos novos talentos que aplican tecnoloxía nas súas ideas para crear outras oportunidades e abrir diferentes vías a explotar. Por iso promovemos e apoiamos a creación de contidos tecnolóxicos para distintos soportes online en busca de financiamento.
Estudo de viabilidade técnica do Proxecto Galician Digital AV Delivery (DAVIDeo)
Estudo de viabilidade técnica do Proxecto Galician Digital AV Delivery (DAVIDeo)

16-05-2018

Xornada
Xornada "Transferencia de tecnoloxia no sector Audiovisual"

27-05-2014

Xornada
Xornada "Oportunidades do programa FIWARE"

16-07-2015

RENDER
RENDER

19-03-2018

Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega i+dea
Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega i+dea

19-03-2018

LibrePlan Audiovisual
LibrePlan Audiovisual

19-03-2018

Foros de Innovacion Colaborativa 2015
Foros de Innovacion Colaborativa 2015

09-04-2015

Clag Media Talent
Clag Media Talent

17-09-2014

AudienceLab
AudienceLab

04-12-2014

Estudo de viabilidade técnica do Proxecto Galician Digital AV Delivery (DAVIDeo)

16-05-2018

O Clúster Audiovisual Galego lidera desde o ano 2017 o proxecto Estudo de viabilidade técnica do Proxecto Galician Digital AV Delivery (DAVIDeo), no que participaron as empresas socias Adivina Producciones, Área 5.1 Factoría Audiovisual, CESGA, CTV, Formato Producciones e Producciones Audiovisuales Setemedia, e que contou co financiamento do programa de apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI), do Ministerio de Economía, Industria y Competitividad, na súa convocatoria do ano 2017.

Volver
+ info

Xornada "Transferencia de tecnoloxia no sector Audiovisual"

27-05-2014

O 27 de maio de 2014 celebrouse na Coruña a xornada do Clúster Audiovisual Galego (Clag) "Transferencia de tecnoloxía no sector audiovisual", en colaboración co Centro de Investigación TIC da Coruña (CITIC).  Esta xornada serviu de encontro entre empresas do sector audiovisual e o centro de investigación CITIC como potencial socio tecnolóxico no ámbito de tecnoloxías TIC.

Volver
+ info

Xornada "Oportunidades do programa FIWARE"

16-07-2015

Socios do Cluster Audiovisual Galego (Clag) e Clúster TIC Galicia  coñeceron este xoves, en Santiago, as oportunidades que ofrece o programa europeo FIWARE e as aceleradoras con convocatorias abertas en 2015, durante unha xornada organizada polos dous clústeres, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (Gain).

Volver
+ info

RENDER

19-03-2018

O CLAG traballou no desenvolvemento do proxecto Render, a través do cal levouse a cabo un completo e exhaustivo Estudo de Viabilidade sobre as posibilidades de poder desenvolver e implantar un modelo viable e sostible de Render, a distancia para a industria de animación que xunte as tecnoloxías, arquitecturas de sistemas, capacidades de investigación, desenvolvemento e produción así como as infraestruturas de todo tipo requiridas e necesarias para facer factible que calquera Estudio de Animación 3D teña a posibilidade de ampliar axilmente a súa capacidade de Render segundo as súas necesidades e en calquera momento.

Volver
+ info

Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega i+dea

19-03-2018

Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega i+dea pretende ser una organización onde se instaure un entorno propicio para crear e consolidar un foro aberto de traballo e colaboración entre os actores relevantes no sector tecnolóxico audiovisual da Comunidade Autónoma Galega, que favoreza a formación de grupos ou polos de excelencia e coordinación científico-técnica de carácter dinámico nos temas de I+D+i claves para o futuro deste tecido empresarial.

Volver
+ info

LibrePlan Audiovisual

19-03-2018

LibrePlan Audiovisual é unha adaptación sectorial de LibrePlan orientada á xestión da previsión e execución de custos durante o desenvolvemento de producións audiovisuais. O seu obxectivo principal é cubrir todas as etapas relacionadas coa definición do orzamento, planificación e seguimento, dende o punto de vista do control dos gastos. Permite seguir a execución dos elementos do orzamento comparado cos gastos reais proporcionando unha vsita dos custos comparado coas previsións, xunto con medicións da produtividade.

Volver
+ info

Foros de Innovacion Colaborativa 2015

09-04-2015

Clúster Audiovisual Galego (Clag) celebrou hoxe, xoves, os Foros de innovación colaborativa co obxectivo de promover e dinamizar iniciativas de innovación de todo tipo entre os seus asociados. Esta iniciativa contribuíu ao intercambio de experiencias e boas prácticas e favoreceu a colaboración entre as empresas que integran o Clag.

Volver
+ info

Clag Media Talent

17-09-2014

A primeira edición do concurso CLAG MEDIA TALENT, organizado polo Clúster Audiovisual Galego (Clag) co apoio da Televisión de Galicia (TVG), presentouse hoxe, mércores, en Santiago, nun acto que contou coa participación do presidente do Clag, Andrés Barbé, e da directora da TVG, Rosa Vilas. Esta iniciativa ten como obxectivo detectar novo talento audiovisual e conectalo co tecido empresarial, obtendo como resultado un catálogo de formatos innovadores con viabilidade comercial, que despois da súa avaliación por un xurado será emitido o gañador como piloto pola canle autonómica galega.

Volver
+ info

AudienceLab

04-12-2014

Clúster Audiovisual Galego (Clag) celebrou o xoves, día 4 de decembro de 2014, en Santiago, a reunión de lanzamento dun novo proxecto dirixido ás compañías socias do clúster, AudienceLab. Esta iniciativa ten como obxectivo a posta en marcha dun "laboratorio de audiencia" que analice os elementos a incorporar en futuros proxectos das empresas do Clag.

Volver
+ info

Internacionalizar

Construímos a marca “Galicia Audiovisual” para poñer a industria audiovisual galega ao alcance dos mercados de todo o mundo. Con esta identificación abrímonos paso a novos mercados e consolidamos a imaxe de Galicia como un lugar con talento creativo e de vangarda tecnolóxica.

Isto supón unha oportunidade para os nosos socios, xa que facilitamos as posibilidades de acceso a novos negocios, vendas, expansión e colaboración en diferentes proxectos.
Plataforma sectorial de intelixencia competitiva internacional
Plataforma sectorial de intelixencia competitiva internacional

01-06-2018

Misión comercial inversa con Reino Unido e EE.UU.
Misión comercial inversa con Reino Unido e EE.UU.

09-07-2018

Misións comerciais inversas con Alemaña e Latinoamérica
Misións comerciais inversas con Alemaña e Latinoamérica

25-06-2018

European Film Market 2018
European Film Market 2018

18-02-2018

MIPCOM 2017
MIPCOM 2017

16-10-2017

IBC 2017
IBC 2017

06-09-2017

Plataforma sectorial de intelixencia competitiva internacional

01-06-2018

O Clúster Audiovisual Galego liderou desde o pasado ano a posta en marcha dunha Plataforma sectorial de intelixencia competitiva internacional. Desde o 1 de xaneiro de 2018 as empresas socias do Clúster que participan no proxecto poden coñecer as tendencias mundiais de todo tipo de formatos audiovisuais mediante o seu acceso ao servizo the Wit Fresh TV database da consultora suíza The Wit. Unha valiosa canle de información que ofrece un valor engadido para a proxección exterior dos seus negocios.
 
Volver
+ info

Misión comercial inversa con Reino Unido e EE.UU.

09-07-2018

Co obxectivo de apoiar a creación de proxectos innovadores e ao sector dos contidos dixitais en Galicia e de fomentar a súa internacionalización, o Clúster Audiovisual Galego celebrou o pasado xoves, na Coruña, un encontro de networking entre compañías do audiovisual galego e representantes de empresas británicas e estadounidenses de primeiro nivel do sector da animación e os novos media.

Volver
+ info

Misións comerciais inversas con Alemaña e Latinoamérica

25-06-2018

Co obxectivo de fomentar a exportación do sector audiovisual galego, o Clúster Audiovisual Galego organizou dúas Misións comerciais inversas con Alemaña e Latinoamérica, no marco da segunda edición do foro internacional de coprodución de ficción para televisión Conecta FICTION, que tivo lugar en Santiago de Compostela do 18 ao 21 de xuño. O Clúster promoverá encontros entre as súas empresas e potenciais coprodutores e distribuidores alemáns e latinoamericanos.

Volver
+ info

European Film Market 2018

18-02-2018

O Clúster Audiovisual Galego participou na trixésima edición do European Film Market de Berlín para apoiar o sector audiovisual de Galicia cun evento de promoción especial, organizado coa colaboración da Agadic, que tivo lugar na tarde-noite do domingo 18 coa finalidade de intensificar as relacións entre os representantes do audiovisual galego desprazados coa prensa especializada e membros da industria internacional convidados. 

Volver
+ info

MIPCOM 2017

16-10-2017

Clúster Audiovisual Galego está presente desde hoxe luns, día 16, nunha nova edición da feira Mipcom, na localidade francesa de Cannes, para promover e apoiar a internacionalización da industria audiovisual galega. Entre os obxectivos da entidade tamén está difundir todo o talento e a calidade de Galicia a través dos produtos audiovisuais e fomentar o seu consumo.

Volver
+ info

IBC 2017

06-09-2017

Catro compañías conforman a delegación do Clúster Audiovisual Galego na feira IBC 2017, que se celebrará do 15 ao 19 de setembro en Ámsterdam. Unha cita ineludible do sector da radiodifusión, a televisión e as tecnoloxías multimedia aplicadas á comunicación, onde se presentan as últimas novidades do mercado e sirve como punto de encontro para os principais actores da industria.

Volver
+ info

Dinamizar

Avanzar cara a un sector audiovisual emprendedor e proactivo foi outro dos nosos retos e obxectivos. Dinamizando sectorialmente conseguimos consolidar iniciativas creadas e a organización de novos eventos que completaban o noso programa. Grazas a isto estimulamos o intercambio creativo de ideas e a produción de formatos para difundir ao gran público.
11º Pitching
11º Pitching "I+P Ideas para producir"

23-11-2017

I Edición do Pitching TFG coas Universidades galegas
I Edición do Pitching TFG coas Universidades galegas

15-12-2017

Coloquio ICAA - Produtores do sector audiovisual de Galicia
Coloquio ICAA - Produtores do sector audiovisual de Galicia

15-06-2017

Sesión sobre o aproveitamento polas empresas do sector audiovisual da liña de axudas á dixitalización Industria 4.0 do IGAPE
Sesión sobre o aproveitamento polas empresas do sector audiovisual da liña de axudas á dixitalización Industria 4.0 do IGAPE

15-06-2017

Xornada: Fiscalidade para a Produción de Contidos Audiovisuais
Xornada: Fiscalidade para a Produción de Contidos Audiovisuais

24-05-2017

11º Pitching "I+P Ideas para producir"

23-11-2017

Máis dun cento de profesionais do audiovisual de toda España participaron, os días 22 e 23 de novembro en Santiago, na 11ª edición do pitching “I+P Ideas para producir”, organizada polo Clúster Audiovisual Galego, na busca de financiamento ou distribución para os seus proxectos. O I+P conecta proxectos de cine e ficción en distintas fases de desenvolvemento con canles de televisión, produtoras e distribuidoras de primeiro nivel e ten como obxectivo favorecer acordos comerciais para a produción ou venda de novos proxectos.

Volver
+ info

I Edición do Pitching TFG coas Universidades galegas

15-12-2017

I edición do Pitching TFG (Traballos Fin de Grao), organizada polo Clúster Audiovisual Galego en colaboración coas Universidades de Vigo e da Coruña, acolleu o pasado venres, día 15, en Santiago, a presentación de 13 proxectos audiovisuais de alumnos destas dúas Universidades diante de profesionais do sector galego. Durante a xornada, os alumnos tiveron a oportunidade de testar os seus traballos con empresas socias do Clúster, e puideron coñecer as valoracións dos produtores respecto dos proxectos.

Volver
+ info

Coloquio ICAA - Produtores do sector audiovisual de Galicia

15-06-2017

A Cidade da Cultura acolleu, en Santiago, unha nova edición dos “Coloquios Clúster” organizados polo Clúster Audiovisual Galego entre representantes do Instituto de la Ciencias y las Artes Cinematográficas (ICAA) e o sector audiovisual de Galicia. 

Volver
+ info

Sesión sobre o aproveitamento polas empresas do sector audiovisual da liña de axudas á dixitalización Industria 4.0 do IGAPE

15-06-2017

O venres 15 de decembro tivo lugar en Santiago o Pre-obradoiro: “Aproveitamento polas empresas do sector audiovisual da liña de axudas á dixitalización Industria 4.0 do IGAPE”, organizado polo Clúster Audiovisual Galego para os socios, en colaboración co Clúster TIC Galicia. Durante o encontro expuxéronse as condicións das novas axudas do organismo autonómico á dixitalización Industria 4.0, para que as empresas do sector audiovisual fagan un aproveitamento óptimo das mesmas.

Volver
+ info

Xornada: Fiscalidade para a Produción de Contidos Audiovisuais

24-05-2017

Clúster Audiovisual Galego celebrou o día 24 de maio na súa sede en Santiago, unha xornada sobre Fiscalidade para a Produción de Contidos Audiovisuais, en colaboración con Barrilero y Asociados.

Volver
+ info

Formación

Temos unha oferta formativa empresarial e tecnolóxica ao alcance dos nosos socios. No Plan empresa proporcionamos ferramentas de xestión na área financeira, legal, de comercialización e marketing. Mentres que no Plan tecnolóxico o noso obxectivo é formar aos técnicos audiovisuais en técnicas de última xeración.