Cluster Audiovisual Galego

"La gran aventura de los Lunnis y el Libro Mágico" chegará aos cines o próximo mes de xaneiro da man de Filmax

07-11-2018

Os personaxes máis queridos de Clan saltan á gran pantalla nunha película que combina muppets, animación e imaxe real. Dirixida por Juan Pablo Buscarini e coproducida por RTVE e Tandem Films, está baseada na serie de éxito de Clan e será distribuida por Filmax.

Os personaxes favoritos da canle Clan, a canle infantil e xuvenil de RTVE, saltan á gran pantalla avalados polo éxito da serie dentro e fóra da televisión. Logo de conseguir o disco de platino e máis de 8 millóns de reproducións en YouTube, Los Lunnis terán tamén a súa película, que chegará aos cines de toda España o próximo mes de xaneiro da man de Filmax.

“La gran aventura de Los Lunnis y el Libro Mágico” dará vida aos populares bonecos que, canda a súa amiga, a pequena Mar, veranse inmersas nunha  grande aventura para salvar o libro que contén todos os contos e o mundo da Fantasía. Ao seu paso, irán encontrando personaxes de contos e lendas, reais e animados… E todos descubrirán a importancia de ler, porque os contos son camiños de palabras que nos levan a todos os lugares que podamos imaxinar.

Unha pequena, pero gran actriz de 8 anos, Carla Chiorazzo, dá vida a Mar. Xunto a ela, Ramón Barea como o avó, Bruno Oro como o malvado Crudo e máis de 20 actores convidados como Pablo Carbonell, David Fernández, César Camino, Sebastián Blanco, Rodrigo Poisón e, por suposto, Lucrecia, a protectora do libro máxico, acompañarán a Lublú, Lulila, Lupita e Lucho.

Unha historia chena de emocións e valores baseada en Lunnis de Lenda que combinará muppets, animación, imaxe real e numerosas cancións que chegarán con sorpresa.

RTVE, que coproduce esta película xunto a Tandem Films, participou activamente na rodaxe co asesoramento de filmación de muppets, medios técnicos e a caracterización dos bonecos que participan en diferentes secuencias, nun proceso tutelado polo equipo de Contidos Infantís de TVE sobre un guión de Gorka Magallón, Daniel García e Álvaro Ron.

Juan Pablo Buscarini, premiado internacionalmente e cun Goya á Mellor Película de Animación por “Pérez, el ratoncito de tus sueños”, dirixe a cinta. José María Isidoro, director da serie “Lunnis de leyenda” é o responsable del live action e director da Segunda Unidade. A película conta ademais cun equipo creativo de primeiro nivel formado por profesionais da talla de Pilar Revuelta (Oscar por “El laberinto del Fauno”) na Dirección de Arte; Clara Bilbao (con dous Goyas no seu haber) á fronte do Deseño de Vestiario; Rodrigo Pulpeiro, na Dirección de Fotografía; e a Produción Executiva de Cristina Zumárraga (gañadora de dous Goyas á Mellor Dirección de Produción). 

“La gran aventura de Los Lunnis y el Libro Mágico” chega con vocación internacional nunha coprodución entre España (80%) encabezada por RTVE xunto a Tandem Films, Enrique Cerezo PC e Caléndula Films AIE, e Arxentina (20%) con Pampa Films, Non Stop Digital, In Post We Trust e Mediabyte.