Cluster Audiovisual Galego

Seleccionados 17 proxectos para a 12ª edición do pitching "I+P Ideas para producir"

31-10-2018

O Clúster Audiovisual Galego dá a coñecer a selección dos 17 proxectos para a 12ª edición do pitching “I+P Ideas para producir”, que se celebrará os días 20 e 21 de novembro en Pontevedra.   

Os dezasete finalistas foron elixidos entre un cento de proxectos recibidos e analizados polo Comité de Selección que, nesta edición, estivo integrado por Estíbaliz Veiga, directora, guionista e actriz; Susana Maceiras, produtora executiva de Adiviña Producións, e Ángel Manzano, membro da Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG). Os traballos elixidos encóntranse en distintas fases de desenvolvemento e inclúen longametraxes de ficción e documentais e series de televisión. 

A sesión de pitching e as reunións one to one terán lugar o mércores 21 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Os traballos serán presentados diante dun auditorio formado por responsables de contidos de canles de televisión, produtoras e distribuidoras de primeiro nivel como RTVE,  Mediaset España, Atresmedia, Movistar+, CRTVG, TV3, EITB, Grupo Euskaltel, Filmax, A Contracorriente Films, DeAPlaneta, Plano a Plano, Boomerang TV, Sr Mono ou Arcadia Motion Pictures, entre outras. 

Os 17 proxectos seleccionados para a 12ª edición do “I+P Ideas para producir” son: 

·        “EL LEGADO DE MATHEW STEWARD”, serie de televisión de CTV.

·        “A-CERO-5”, documental de Agallas Films.

·        “#WHYSPAIN”, serie documental de Sergio Pazos.

·        “¿QUÉ HICIMOS MAL?”, longametraxe de Matriuska Producciones.

·        LA HABITACIÓN DE MARÍA”, longametraxe de TV ON Producciones.

·        “TAGDEMONIUM”, serie de televisión de Congo Producciones.

·        “LOS DÍAS AZULES”, longametraxe de Summer Films. 

·        “CHICO CONOCE CHICA”, longametraxe de Lago&Laporta.

·        “WE LOVER SIZE. LAS MUJERES DE VERDAD TIENEN CURVAS”, serie de televisión de Milana Bonita Producciones.

·        “9 PASOS”, longametraxe de Proyecta Films.

·        “LA CASA Y EL CADÁVER”, miniserie de televisión de Samuel Lema.

·        “EL TOPO NEWMAN”, serie de televisión de Tamboura Films.

·        “TICS E INTELIXENCIA”, documental de Producciones Vigo.

·        “EN AMOR Y COMPAÑÍA”, longametraxe de Chema Gagino.

·        “RAPA”, documental de Mondotropo.

·        “QUIÉREME SIEMPRE”, longametraxe de Xoubiña Films.

·        “UN ROBO DE ALTURA”, longametraxe de Lorolo. 

Ao igual que acontecera na edición pasada, os proxectos seleccionados gozarán dun ano de inscrición gratuíta no mercado online de Filmarket Hub, que ofrece a plataforma como empresa colaboradora do evento, onde poderán potenciar a súa visibilidade e conectar con toda unha rede de produtores e empresas de Europa e Latinoamérica. Obtendo unha maior visibilidade e novas oportunidades de encontrar socios interesados nos seus proxectos e podendo acceder a outras empresas ademais das que participen no Pitching. 

Nesta edición o “I+P Ideas para Producir” conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), e do Concello Pontevedra. Tamén conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra, das asociacións CREA e AGAG, da Pontevedra Film Commission, da plataforma Filmarket Hub, do Máster en Produción Xornalística e Audiovisual (MPXA), e co patrocinio de Gadisa e da compañía Music Library & SFX.