Cluster Audiovisual Galego

Remata a rodaxe de "Agur Etxebeste!", dirixida por Asier Altuna e Telmo Esnal

10-10-2018

Logo de seis semanas de gravación en Bergara, Irún, Hondarribi, Eibar, Pasaia e Zinealdea, esta semana rematou a rodaxe de "Agur Etxebeste!", dirixida por Asier Altuna e Telmo Esnal, que se estreará o vindeiro ano da man de Filmax e Barton Films.

Depois de 14 anos da presentación da película "Aupa Etxebeste!", a familia volveuse a reunir para a gravación da secuela "Agur Etxebeste!" contando co mesmo equipo técnico e artístico, o que facilitou o proceso de rodaxe. Foron semanas de moita emoción, de traballo e tanto os directores como os actores síntense “moi a gusto” co traballo realizado. Ademais, recoñecen terse rido moito durante a gravación e sentirse moi cómodos; “como na casa”.

Sinopse

Patrizio Etxebeste (Ramón Agirre), “por problemas de saúde” vese obrigado a deixar a alcaldía. Aínda así, para non perder o mandato do concello, nomea á súa muller María Luisa (Elena Irureta), a primeira alcaldesa da vila. María Luisa tomarase moi en serio o seu traballo e cambiará de arriba abaixo o funcionamento do concellos, poñendo patas arriba a súa relación de parella.