Cluster Audiovisual Galego

Presentación do libro “Manane Rodríguez, voz en libertad”, escrito por Antonio Peláez, o día 15 no Festival de Cine de Madrid

08-10-2018

O próximo día 15 de outubro, no marco do Festival de Cine de Madrid, na sede da SGAE (Pazo Longoria, Fernando VI, 4, Madrid) farase a presentación do libro “Manane Rodríguez, voz en libertad”, escrito por Antonio Peláez Barceló coa participación de Miguel Marías, Mirito Torreiro, Mercedes Altuna e Luis Dufuur, e con prólogo de Xavier Bermúdez.

Con tres curtametraxes e sete longametraxes como directora, a socia Manane Rodríguez é unha voz consolidada no mundo do cine. Desde “Juego de café” (1990), a súa primeira curta, ata “Migas de pan” (2016), o libro “Manane rodríguez, voz en libertad” percorre toda a súa filmografía ata hoxe, “a dunha artista con voz propia, cunha voz en liberdade”.

O libro está editado por Éride Edicións e forma parte da homenaxe que o pasado ano a Plataforma de Novos Realizadores (PNR) lle realizou a Manane Rodríguez durante o Festival de Cine de Madrid, elixíndoa para o recoñecemento  nacional ao tempo que  outorgaba o internacional a Volker Schlöndorff.