Cluster Audiovisual Galego

Filamento abre unha nova liña de negocio a través do alugueiro de Profoto

11-09-2018

O noso asociado Filamento Iluminación abre unha nova liña de negocio a través do alugueiro de Profoto, a marca de luz profesional en fotografía, compañía sueca que desenvolve flashes fotográficos e outras ferramentas de modelado de luz. 

Incorporando unha ampla gama de produtos como os Profoto A1, o flash de estudio máis pequeno do mundo; Profoto B1X, o flash de batería con TTL máis vendido; Profoto D2, o flash compacto máis rápido con TTL, ou o Protofo PRO 10, a unidade de flash máis fiable e profesional do mercado. Así como unha ampla liña de accesorios como HARDBOX, paraugas, octodome, etc.