Cluster Audiovisual Galego

O Clúster Audiovisual colabora co II Congreso de Industria Conectada 4.0

30-07-2018

O Clúster Audiovisual Galego é entidade colaboradora en difusión do Segundo Congreso Industria Conectada 4.0, que se celebrará o vindeiro 26 de setembro no Pazo Municipal de Congresos de Madrid. Grazas a esta colaboración as empresas do Clúster poderán acudir ao II CIC 4.0, previa inscrición no evento.

Un grande espazo integrador e referente onde se compartirán os grandes retos da industria na súa transformación dixital dando así continuidade ao éxito do ano pasado.

Organizado polo Ministerio de Industria, Comercio y Turismo, os participantes poderán compartir a visión de relatores de primeiro nivel, elixir entre as 8 sesións temáticas paralelas e coñecer, de primeira man, as experiencias e boas prácticas de empresas industriais de referencia.

Web do evento