Cluster Audiovisual Galego

Filmax estreará en España o 27 de xullo a comedia familiar "Un mar de enredos"

23-07-2018

"Un mar de enredos", protagonizada por Eugenio Derbez, Anna Faris e Eva Longoria, chegará ás nosas pantallas o 27 de xullo logo de converterse nun dos éxitos de taquilla do ano na súa estrea en Estados Unidos rozando os 50 millóns de euros recadados. A película, que revisa o clásico dos 80 protagonizado por Goldie Hawn e Kurt Russell nunha comedia para todos os públicos, estrearase en España da man de Filmax.

Sinopse

Leonardo Montenegro (Eugenio Derbez) é un playboy rico e mimado procedente dunha das familias máis ricas de México. Kate Sullivan (Anna Faris) é unha nai solteira traballadora que compaxina múltiples traballos para sacar adiante aos seus fillos. As súas vidas crúzanse por primeira vez cando Kate é contratada para limpar o iate de Leo trala súa última festa e ela négase a servirlle un aperitivo, polo que este despídea sen pagarlle.

Leo sigue coa súa celebración cando cae accidentalmente pola borda e perde a memoria. Theresa (Eva Longoria), a jefa de Kate, descobre a historia nas novas locais e ve unha oportunidade de ouro para axudar a súa amiga que anda algo apurada de cartos: facerse pasar pola muller de Leo... só por un momento.

Cun certificado de matrimonio falso, o plan de Kate ten máis éxito do que nunca imaxinara, e Leo pasa en moi pouco tempo de ser un playboy sen rumbo, a un feliz pai de tres fillos de clase traballadora. Con todo, é só cuestión de tempo antes de que a familia de Leo -ou a memoria- descubra a verdade. Pode unha mentirixiña vengativa manter un novo amor e unha familia xuntos?