Cluster Audiovisual Galego

“Mary Shelley” estrea tráiler oficial

26-06-2018

O biopic sobre a autora de “Frankenstein”, dirixido pola saudita Haifaa Al- Mansour (“La bicicleta verde”), “Mary Shelley” estrea tráiler oficial. A cinta narra a relación entre o poeta romántico Percy Bysshe Shelley e a moza Mary Wollstonecraft Godwin, que deu como resultado a escritura dunha das novelas máis importantes da literatura universal e que agora cumpre 200 anos da súa publicación. A película estrearase en cines o vindeiro 13 de xullo da man de Filmax.

Sinopse

“Mary Shelley” desvela a historia da moza Mary Wollstonecraft Godwin (Elle Fanning) e a súa ardente e tempestuosa relación co poeta romántico Percy Bysshe Shelley (Douglas Booth). Ambos senten un frechazo inmediato ao coñecerse e ante a oposición da familia de Mary á súa relación, a parella decide fuxir, acompañados pola irmán dela, Claire (Bel Powley).

Os altibaixos na súa relación agudízanse durante a súa estancia na casa de Lord Byron (Tom Sturridge) en Xenebra e é alí onde Mary concibe a idea de Frankenstein, cando, como xogo, propónselle a todos os convidados escribir unha historia de pantasmas.

Pero a sociedade dese momento concede un nulo valor ás mulleres escritoras e con tan só 18 anos, Mary verase obrigada a desafiar estes prexuízos  para protexer o seu traballo e forxar a súa propia identidade.

Podes ver o tráiler aquí.