Cluster Audiovisual Galego

Primeiras imaxes de "SENTIMENTAL", a nova comedia de Cesc Gay

13-02-2020

Filmax estrenará en cines a nova película de Cesc Gay, SENTIMENTAL, protagonizada por Javier CámaraGriselda Siciliani, Belén Cuesta e Alberto San Juan. Estas son as primeiras imaxes da nova longametraxe SENTIMENTAL, unha comedia escrita e dirixida polo mesmo Cesc Gay.

O filme, que se empezou a rodar o pasado 9 de decembro en Barcelona, é unha coprodución de Imposible Films con Sentimentalfilm AIE, conta coa participación de RTVE, Movistar+ e TVC, e chegará aos cines este ano da man de Filmax.

Despois do éxito de Truman, premiada con 5 Goyas, Cesc Gay, un dos autores máis recoñecidos do noso cine, lánzase á comedia contando con algúns dos seus actores habituais como Javier Cámara, co que traballa por cuarta vez (TrumanUna pistola en cada manoFicción), e Alberto San Juan, ao que xa tiña dirixido en Una pistola en cada mano (2012). Os personaxes femininos están interpretados por Belén Cuesta, que traballa por primeira vez co director catalán, e Griselda Siciliani, rostro habitual do cine e a televisión arxentina, que debuta nunha produción española.


Sinopse:
 
Julio e Ana fai máis de quince anos que son parella. Unha parella que xa non se mira nin se toca e que fai do combate diario o lenguaxe e a esencia da súa relación.
Esta noite Ana invitou aos seus veciños Salva e Laura. Unha parella máis xove ca eles e que desde o primeiro día lles acolleu con moita amabilidade e simpatía. Aínda que os seus “ruidos” se convertiran nunha molestia para Julio e Ana...ou quizais nun estímulo. 
Esta noite os veciños serán os causantes e as víctimas dun tsunami cunha inusual e sorprendente proposta. Os catro non poderán evitar unha velada excesiva e catártica.



SENTIMENTAL é a adaptación cinematográfica de Los vecinos de arriba, a obra teatral debut de Cesc Gay estrenada en 2015 en Barcelona e que desde entón segue conquistando os escenarios internacionais. A obra estrenouse en teatros de Arxentina, Chile, Portugal, Colombia e México acumulando xa máis de medio millón de espectadores en todo o mundo.