Cluster Audiovisual Galego

‘Hierro’ fai historia ao ser nominada 16 veces nos Premios Mestre Mateo

12-02-2020

A Academia Galega do Audiovisual anunciou o pasado luns os nomes dos finalistas en cada unha das categorías da XVIII edición dos Premios Mestre Mateo, nos que Hierro fixo historia ao convertirse na serie con máis candidaturas finalistas, 16 en 15 categorías, de todas as edicións dos galardóns.

As nominacións do audiovisual galego son o último capítulo dunha traxectoria de éxitos, con dous Premios Ondas (Mellor serie e Mellor intérprete feminina para Candela Peña), dous Premios Feroz (Mellor serie dramática e Mellor actriz protagonista para Candela Peña) e un galardón nos Premios Iris (Mellor guión, para Pepe Coira, Fran Araújo, Coral Cruz, Araceli Gonda e Carlos Portela).
 
Este thriller coproducido entre España (Portocabo) e Francia (Atlantique Productions) para Movistar + e ARTE France é finalista como:

- Mellor serie de televisión
- Mellor dirección (Jorge Coira)
- Mellor dirección de arte (Marc Pou)
- Mellor dirección de fotografía (José Luis Bernal)
- Mellor dirección de produción (Ana Míguez)
- Mellor guión (Pepe Coira, Fran Araújo, Araceli Gonda, Coral Cruz e Carlos Portela)
- Mellor maquillaxe e perruquería (Raquel Hidalgo e Noé Montes)
- Mellor montaxe (Jorge Coira, Diana Toucedo e Gaspar Broullón)
- Mellor música orixinal (Elba Fernández e Xavi Font)
- Mellor son (Juan Gay e Diego Staub)
- Mellor vestiario (Alicia Dapena e Lola Dapena).
- Mellor interpretación feminina de reparto (Kimberky Tell e Mónica López)
- Mellor interpretación masculina de reparto (Juan Carlos Vellido )
- Mellor interpretación feminina protagonista (Candela Peña)
- Mellor interpretación masculina protagonista (Darío Grandinetti)
 
O resultado da votación dos académicos e académicas darase a coñecer o vindeiro 7 de marzo nunha gala que terá lugar no Palacio da Ópera de A Coruña.