Cluster Audiovisual Galego

"UNA VENTANA AL MAR", protagonizada por Emma Suárez, chegará aos cines o 24 de abril

05-02-2020

"UNA VENTANA AL MAR", dirixida por Miguel Ángel Jiménez, é unha emotiva historia de amor protagonizada por Emma Suárez (gañadora de tres Goya, o último por Julieta, de Pedro Almodóvar) no papel de María, unha funcionaria de cincuenta e cinco anos de Bilbao á que diagnostican unha grave enfermidade. A pesar de iso e en contra do consello do seu fillo (Gaizka Ugarte), decide facer unha viaxe a Grecia cos seus dous mellores amigas. Alí, descubrirá a illa de Nisyros, un pequeno remanso de paz e calma onde volve a sentir as gañas de vivir. Mentres explora a illa e sumérxese nos seus tesoros escondidos, coñece a Stefanos (Akilas Karafisis) e enamorase inesperadamente de él.

Ubicada na fascinante illa grega de Nisyros, onde o sol brilla sobre un maxestuoso volcán inactivo, "UNA VENTANA AL MAR" é unha historia poderosa e esperanzadora sobre as últimas oportunidades, a pérdida e como encarar á morte sen medo, simplemente apoiándose no amor doutra persoa.

Chegará aos cines o 24 de abril, da man de FILMAX.

Escrita polo director, MA Jiménez xunto a Luis Moya e Koldo Gamboa, a historia ten o seu orixe nunha viaxe que o director fixo á illa grega de Nysiros e o seu desexo de escribir sobre a realidade. “En el verano de 2013, tres meses después de haber perdido a mi madre víctima de un cáncer devastador, me encontraba subido a una scooter en la isla griega de Nysiros. El sol estaba a punto de ocultarse en el mar y yo estaba bajando la ladera de una montaña. Pensé́ en la suerte que tenía de estar allí́, en los lugares que había recorrido gracias a mi trabajo. Recordé́ que mi madre, en una ocasión, especuló con la posibilidad de dejar el tratamiento y me pidió́ que la llevara lejos, muy lejos. Todo quedó en nada. Sé que Nysiros le habría encantado”, comenta MA Jiménez.

María y Stefanos. Bilbao y Nysiros

Dous mundos, dúas culturas, dúas luces, dous mares. O Cantábrico e o Mediterráneo. O mar sempre como fío condutor, tan importante para ambos pobos. Porque as vidas dos nosos protagonistas, María e Stefanos, a pesar de ser tan distintas, sempre teñen estado vinculadas ao mar dalgún xeito. Ao fin e ao cabo, é o mar quen lles une, con ese poder e esa beleza plástica inigualables.

Unha illa, Nysiros, que non é en absoluto a máis bonita das illas gregas, pero que rebosa unha paz e unha autenticidade, unha beleza sobria, que fai que pareza abarcable, un paraíso real e posible. Alí́ vive Stefanos, no seu barco, cas súas cicatrices e ao igual que a illa, está cheo de franqueza, luz e unha tenrura ruda que conecta con ela nese lugar indescifrable da alma.                                      

O proxecto estivo seleccionado no MFI (Mediterranean Film Institute en Nyssiros/Samos 2016) e presentouse no foro de coprodución West Meet East en Trieste (Italia). Os produtores gregos Konstantinos Kontovrakis e Giorgos Karnavas de Heretic, produtora con base en Atenas, entusiasmaronse coa película e entraron a formar parte da produción xunto á produtora vasca Kinoskopik (Errementari, Chaika).                   

"UNA VENTANA AL MAR" é unha coprodución internacional de España (Kinoskopik Film Produktion, Gariza FilmsSumendia Filma AIE) e Grecia  (Heretic) co apoio da EITBGobierno VascoGreek Film CentreEurimages, Euskaltel, Cosmote TV Ekome S.A. Heretic Outreach encárgase das vendas internacionais.

"UNA VENTANA AL MAR" chegará aos cines o vindeiro 24 de abril da man de Filmax.