Cluster Audiovisual Galego

Galicia acolle a première solidaria de "A GALIÑA TURULECA"

20-12-2019

Filmax e a Xunta de Galicia, coa colaboración da Fundación Andrea, presentaron este xoves 19 a première solidaria de "A GALIÑA TURULECA" á que acudiron uns 1.500 nen@s de todos os pobos de Galicia como Triacastela, Rábade, A Fonsagrada, Calo, Pontedeume, Muros, Noia, Comarca do Deza... onde nalgún deles non teñen cines.

Tras este primer encontro cos máis pequen@s, a partir do 13 de xaneiro, Filmax e a Fundación Andrea, coa axuda da Xunta de Galicia, proxectarán o filme en sete hospitais galegos para acercar a maxia do cine aos nen@s ingresad@s.

A première tivo lugar no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela pola tarde. O evento contou ca presencia do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, cos produtores da película, Carlos Fernández (Filmax) e Diego López (Tandem Films), o director da película, Víctor Monigote  a presidenta da Fundación Andrea Charo Barca. Acudiron tamén representantes de RTVE e CRTVG, cadeas que participan na produción.


SOBRE A GALIÑA TURULECA

“A GALIÑA TURULECA”, convertida en personaxe de animación, da o salto á gran pantalla nesta importante co produción internacional entre España e Arxentina. A película tivo a súa preestrea mundial no Festival de cine de San Sebastián o pasado 21 de setembro, nunha sesión especial no Velódromo ante miles de nenos, como aperitivo á súa estrea en cines o 1 de xaneiro da man de Filmax.

O filme de animación, que retoma ao personaxe da famosa canción infantil popularizada por Os paiasos da tele, chegará aos cines este Nadal cunha entrañable historia dirixida polonominado a un Goya Víctor Monigote (Mortadelo y Filemón contra Jimmy el Cachondo) e Eduardo Gondell (Valentina, la película) pensada para os máis pequenos, sobre unha galiña cun aspecto peculiar e un don moi especial. “A Galiña Turuleca” conta a historia de cómo un ser diferente atopa o seu lugar no mundo e, a partir do seu talento persoal e único, logra vencer os seus medos para iniciar unha aventura que lle permite reatoparse cos seres que ama.

Eva Hache pone voz a nosa fantástica galiña, Turuleca, mentres que José Mota da vida ao malvado Armando Tramas, nunha historia que incorpora numerosos e coñecidos temas musicais.


SOBRE A FUNDACIÓN ANDREA

Fundación Andrea nace con espíritu de apoiar ás familias que, contando con escasos recursos económicos, teñen que coidar aos seus fillos ante aas enfermidades de longa duración crónicas ou terminais que estes poidan padecer.


SENOPSE

Turuleca é unha galiña singular. O seu peculiar aspecto e a súa imposibilidade para poñer ovos desata as burlas do resto do galiñeiro, ata que un día, Isabel, unha exprofesora de música, lévaa a vivir á súa granxa. Alí, feliz e en armonía, a galiña descobre o seu gran talento oculto: ¡"Turu" non só pode falar, senon que canta como xamais ten oído cantar a unha galiña!

O talento musical da nosa amiga a levará a convertirse nunha gran estrela do fascinante Circo Daedalus. Sen embargo, a súa viaxe non será nada doado. O circo está ameazado polo malvado Armando Tramas, quen desexa apropiarse da fantástica Turuleca.

O filme leva o selo do talento de Víctor Monigote, artistazo multidisciplinar, voz de Los Petersellers, músico, actor, ilustrador… No ámbito da animación ten desenvolvido gran parte da súa carreira con Disney, e aquí en España ten estado nominado ao Goya á  Mellor Dirección Artística por “Mortadelo y Filemón contra Jimmy el Cachondo”. Cun amplísimo recorrido difícil de resumir, invitamosvos a leer a súa biografía neste enlace.

"A GALIÑA TURULECA" conta tamén ca produción artística do gañador do Goya, Juan Pablo Buscarini (Pérez, el ratoncito de tus sueños; La gran aventura de Los Lunnis y el libro mágico). A cinta é unha produción hispano-arxentina de Tandem FilmsProducións a FonsagradaGloriamundi Producciones y Brown Films, en co produción con Pampa Films, Argentina Sono FilmMediabyte, In Post We Trust, Malditomaus, coa participación de RTVE, CRTVG, VODAFONE y CREA SGR.