Cluster Audiovisual Galego

A produción galega A Media Voz (In a whisper) de Heidi Hassan e Patricia Pérez, Premio ao Mellor Longametraxe en IDFA

28-11-2019

A Media Voz (In a whisper) (2019) das cineastas cubanas afincadas entre Galicia e Xenebra, Patricia Pérez e Heidi Hassan, obtiveron o Premio ao Mellor Longametraxe na 32ª edición do IDFA. As directoras e o produtor galego Daniel Froiz de Matriuska Producciones, recibiron unha extraordinaria acollida, coroada co recoñecido galardón, no certame de documentais máis importante do mundo.

O Xurado Internacional outorgoulles o Premio ao filme por ser unha refrescante reflexión sobre a madurez feminina, unha oda á perda; unha celebración da amizade, o desexo e a vulnerabilidade; unha demanda de esperanza e paixón; e un deliciosamente honesto diálogo cinematográfico confirman este máxico, orixinal e arriscado esforzo cinematográfico.

A través da correspondencia audiovisual entre ambas, articúlase o diálogo deste documental auto-etnográfico. Dúas mulleres de 40 anos, afrontando os retos da emigración, intentan reconstruírse lonxe de Cuba. A Media Voz (In a whisper) mostra dúas historias nas que identidade, maternidade e creación se entrecruzan e se impulsan mutuamente.

  • Variety define o filme coma un conmovedor documental autoetonográfico e informa de que ten recibido unha impoñente ovación na súa première mundial no Festival.
 
  • Cineuropa describe o filme coma un intenso viaxe cara ao amor, a amizade e a nostalxia... unha historia conmovedora sobre o afecto, a morriña e o amor eterno das directoras ao oficio do cine... unha sincera reflexión, de corazón a corazón, sobre o valor das nosas aspiracións e a nosa necesidade de seguir as nosas paixóns e a constante busca do amor. 
A Media Voz (In a whisper) é unha produción de Matriuska Producciones (España), en coprodución con Perspective Films (Francia), La 5ta Avenida Producciones (Cuba), e PCT (Suiza). Habanero xestiona as súas ventas internacionais.

Matriuska Producciones leva traballando desde 2005 cun selo definido no que prima a aposta polo talento de novos creadores e o cine de autor. Actualmente o seu equipo está inmerso na fase final de produción de ¿Qué hicimos mal? de Liliana Torres co producida entre España, Italia e México. En fase de desenvolvemento conta ademais ca miniserie para televisión As Crisálidas, dirixida por Samuel Lema, a súa primeira incursión na ficción televisiva, e a longametraxe documental Os días calados do Dr. Stevens de César Souto. 

Entre os seus filmes máis recentes destacan A Estación Violenta de Anxos Fazáns e Las Altas Presiones de Ángel Santos - Premio As Novas Olas do Festival de Cine Europeo de Sevilla-.