Cluster Audiovisual Galego

SSeleccionados os Proxectos para a 13ª Edición do Pitching “I+P Ideas Para Producir”

30-10-2019

Clúster Audiovisual Galego da a coñecer a selección dos proxectos para a 13ª edición do pitching “I+P Ideas para producir”, que se celebrará os días 19 e 20 de novembro en Pontevedra.

Os dezasete finalistas foron elixidos entre un centenar de proxectos recibidos e analizados polo Comité de Selección que, nesta edición, estivo composto por Sonia Méndez, directora, guionista e actriz; Susana Maceiras, produtora executiva de Adivina Producciones, e María José Arrojo, periodista, profesora e analista de formatos televisivos. Os traballos seleccionados atópanse en distintas fases de desenvolvemento e inclúen longametraxes de ficción, documentais e series de televisión.

A sesión de pitching e as reunións one to one terán lugar o mércores 20 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Os traballos serán presentados ante un auditorio formado por responsables de contidos de canles de televisión, produtoras e distribuidoras de primeiro nivel como RTVEMediaset EspañaMovistar+CRTVGAragón TVTV3Grupo EuskaltelFilmaxA Contracorriente FilmsDeAPlanetaPortocaboAtípica Films, entre outras.


Os proxectos seleccionados para a 13ª edición do “I+P Ideas para producir” son:
  • “MARÍA CASARES. LA MUJER QUE VIVIÓ MIL VIDAS”, longametraxe documental de Agallas Films.
  • “STARMUCKS (LA PEQUEÑA VARIACIÓN)”, longametraxe de Gaitafilmes.
  • “OVEREXPOSED”, serie de ficción de Productora Faro.
  • “LOS CUENTOS DE ORI (ORI ́S TALES)”, serie de animación de Producciones Vigo e a EISV.
  • “ATLANTIC TOUCH”, serie de ficción de Congo Producciones.
  • “BALEA”, serie de ficción de Daniel Suárez.
  • “O CORPO ABERTO”, longametraxe de Ollo Vivo.
  • “JUEGO DE DAMAS”, serie de ficción de Celia González.
  • “LA INDIANA”, serie de ficción de Jorge Hernández.
  • “DENTRO DEL TRIÁNGULO”, serie de ficción de Lekanto.
  • “LAS BRUJAS DE O MATO”, longametraxe de Héctor Domínguez-Viguera.
  • “FASE TRES”, serie de ficción de Jorge Blas.
  • “LOVELESS”, longametraxe de Acheron Films.
  • “DÚAS VELLAS, SETE GATOS, TRES MÁQUINAS DE COSER”, documental de Impulso TV.
  • “O SILENCIO HERDADO”, longametraxe documental de La Selva.
  • “DESTELLO BRAVÍO”, longametraxe de Ainhoa Rodríguez.
  • LOS SUSPIROS”, longametraxe de Belle Films and TV.


Ao igual que ocorreu na edición pasada, os proxectos seleccionados gozarán de maneira gratuíta dunha suscrición Premium dun ano no mercado online de Filmarket Hub, que ofrece a plataforma como empresa colaboradora do evento, onde poderán potenciar a súa visibilidade e conectar con toda unha rede de produtores e empresas de Europa e Latinoamérica. Obtendo unha maior visibilidade e novas oportunidades de atopar socios interesados nos seus proxectos e podendo acceder a outras empresas, ademais das que participen no Pitching.

Nesta edición, o “I+P Ideas para Producir” é unha actividade subvencionada polo Ministerio de Cultura e Deporte, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Deputación de Pontevedra. Cofinanciada pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e, do Concello de Pontevedra. Tamén conta ca colaboración, da asociación CREA, da Pontevedra Film Commission, da plataforma Filmarket Hub, do Máster en Produción Xornalística e Audiovisual (MPXA), e con patrocinio de Galicia Calidade, Gadisa e da compañía Music Library & SFX.