Cluster Audiovisual Galego

O Clúster Audiovisual Galego chega ao MIPCOM para promover a industria audiovisual de Galicia

15-10-2019

Clúster Audiovisual Galego, xunto a varias das súas empresas asociadas como PortocaboCRTVGCTV, Tamboura, Ficción Producciones ou Zenit Televisión; forman parte da representación do audiovisual galego na trixésima edición do MIPCOM. O punto de encontro da delegación comercial e institucional galega é o espazo da marca Films from Galicia, promovida pola Xunta, a través do Agadic. Este espazo forma parte dun dos vinte expositores do pavillón español Audiovisual from Spain, organizado polo ICEX España Exportación e Inversións, un paraugas que engloba a unhas 50 compañías españolas.

MIPCOM, que ten lugar na cidade de Cannes do 14 ao 17 de outubro, converteuse no mercado máis esperado do mundo audiovisual, onde reúnense máis de 13.800 profesionais da industria audiovisual para converter cada momento nunha oportunidade.

Clúster apoia ás súas empresas asociadas a través do desenvolvemento de diversas accións para promocionar a industria audiovisual galega a nivel internacional, levando a cabo actividades de networking, o desenvolvemento dunha axenda comercial propia para a venda dos produtos audiovisuais das súas empresas asociadas ou outras accións de promoción coma os screenings.

Estas accións lévanse a cabo no marco das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios) concedidas a través do Igape (Instituto Galego de Promoción Económica) e cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.