Cluster Audiovisual Galego

“La gallina Turuleca” xa ten cartel oficial

06-09-2019

La gallina Turuleca” xa ten cartel oficial. A famosa galiña, convertida en personaxe de animación, dá o salto á gran pantalla nesta importante coprodución internacional entre España e Arxentina. A película terá a súa prestrea mundial no 67 Festival de Cine de San Sebastián o próximo 21 de setembroa ás 17.30h, nunha sesión especial no Velódromo ante milleiros de nenos, como aperitivo á súa estrea en cines o 1 de xaneiro da man de Filmax.

A película de animación, que retoma ao personaxe da famosa canción infantil popularizada por Los payasos de la tele, chegará aos cines este Nadal cunha entrañable historia dirixida por Víctor Monigote e Eduardo Gondell, pensada para os máis pequenos, sobre unha galiña cun aspecto peculiar e un don moi especial. “La Gallina Turuleca” conta a historia de como un ser diferente encontra o seu lugar no mundo e, a partir do seu talento persoal e único, logra vencer os seus medos para iniciar unha aventura que lle permite reencontrarse cos seres que ama.

O Velódromo de San Sebastián será o primeiro en gozar das aventuras de Turuleca, a quen dá vida Eva Hache, e que terá que versas cun vengativo vilán, Armando Tramas, interpretado por José Mota.

Con Juan Pablo Buscarini como produtor artístico, a cinta é unha produción hispano-arxentina de Tandem Films, a socia Producións A Fonsagrada, Gloriamundi Producciones e Brown Films, en coprodución con Pampa Films, Argentina Sono Film, Mediabyte, In Post We Trust, Malditomaus, cola participación de RTVE, CRTVG, Vodafone e CREA SGR.

Sinopse

Turuleca é unha galiña singular. O seu peculiar aspecto e a súa imposibilidade para poñer ovos desata as burlas do resto do galiñeiro, ata que un día, Isabel, unha exprofesora de música, lévaa a vivir á súa granxa. Alí, feliz e en harmonía, a galiña descubre o seu gran talento oculto: "Turu" non só pode falar, se non que canta como xamais oíches cantar a unha galiña! O talento musical da nosa amiga levaraa a converterse na gran estrela do fascinante Circo Daedalus. Sen embargo, a súa viaxe non será nada fácil. O circo está ameazado polo malvado Armando Tramas, quen desexa apropiarse da fantástica Turuleca.