Cluster Audiovisual Galego

 

“Vivir dos veces” estréase en cines o 6 de setembro

02-09-2019

O film “Vivir dos veces”, que se estreará en cines o 6 de setembro, está protagonizado por Oscar Martínez (“Ciudadano ilustre”, “Toc Toc”), Inma Cuesta (“La Novia”, “Tres bodas de más”), Mafalda Carbonell e Nacho López (“Tiempo Después”, “¿Qué te juegas?”). Dirixida por María Ripoll (“Ahora o Nunca”, “No culpes al Karma de lo que te pasa por gilipollas”), trátase dunha comedia chea de emoción e gañas de vivir.

En palabras da directora: “`Vivir dos veces´ teno todo para converterse nunha película que chegue a un público moi amplo: risas, situacións divertidas, personaxes con carisma e, sobre todo, unha gran historia humana e sincera coa que facilmente nos poderemos identificar”.

Alamar Cinema 161 AIE, Convoy Films e Plural Jempsa son as produtoras de “Vivir dos veces”, que conta coa participación de RTVE, NETFLIX, À Punt Mèdia, Filma Factory Entertainment, Institut Valenciá de Cultura, Crea SGR e ICAA.

A rodaxe transcorreu durante 7 semanas por diversas localizacións da Comunidade Valenciana.

O guión orixinal é de María Mínguez quen con esta historia permite que María Ripoll se meta nun novo universo de personaxes que ademais de provocar situacións cómicas constantes, plantean tamén unha reflexión sobre as oportunidades que nos dá a vida de reconducir o noso camiño vital ata o último momento.

A distribución en España da película en cines estará a cargo de Filmax e as vendas internacionais de Film Factory.

Sinopse

Emilio (Óscar Martínez), a súa filla Julia (Inma Cuesta) e a súa neta Blanca (Mafalda Carbonell) emprenden unha viaxe para axudalo a encontrar o seu amor de mocidade antes de que lle falle a memoria definitivamente. 

Pero as viaxes a veces fan mudar os plans. Unha cadea de contratempos e decisións discutibles levaranos a facer fronte aos enganos sobre os que construíron as súas vidas. Encontrarán a oportunidade de comezar unha nova vida, sen trampas, pero é posible vivir dúas veces?