Cluster Audiovisual Galego

“Escapárate”, o novo programa da TVG que chega para impulsar o pequeno comercio

02-09-2019

O vindeiro luns, día 9, ás 22:00 horas, a socia Tamboura estreará un novo programa na Televisión de Galicia, que vai a revolucionar o comercio local mellorando a súa situación actual. “Escapárate” é un “reality” que busca impulsar os negocios locais a través dun lavado de cara dos seus escaparates.

10 capítulos, 20 escaparates e 2 profesionais competirán coa axuda dos propietarios para ver quen consegue facer o mellor escaparate. Clara Copena, deseñadora de arte, e Daniel Pérez, interiorista, dirixirán cadanseu escaparate nun máximo de 12 horas.

Co fin de valorar quen ten máis éxito, a programa contará cunha novedosa tecnoloxía que mide o tráfico de xente nas tendas, o clientómetro, que medirá durante a semana anterior e posterior á reforma do seu escaparate a afluencia de xente nos locais. O equipo que consiga maior tráfico en cada comercio será o gañador do programa.

Un total de 20 negocios repartidos polas catro provincias de Galicia, que loitan cada día por seguir a pé.  Un programa cheo de historias, emocións, gañas e ilusión que quere transmitir os espectadores a importancia de apoiar o negocio local para que non sucumba ante os grandes centros comerciais.