Cluster Audiovisual Galego

“Una obra maestra” (“The Burnt Orange Heresy”), distribuída por Filmax en España, clausurará a 76 Mostra de Venecia

02-08-2019

“Una obra maestra” (“The Burnt Orange Heresy”), dirixida polo cineasta italiano Giuseppe Capotondi, clausurará o 76 Festival Internacional de Cine de Venecia, tamén coñecida como a Mostra de Venecia, que se celebrará do 28 de agosto ao 7 de setembro de 2019. Filmax a estreará proximamente en cines en España.

A película está protagonizada por Claes Bang (“The Square”, “Millennium: Lo que no te mata te hace más fuerte”), Donald Sutherland (“Los juegos del hambre”, “La mejor oferta”, “Cold mountain”), Elizabeth Debicki (“Viudas”, “El gran Gatsby”) e a lenda viva da música, Mick Jagger, que volve á gran pantalla tras unha longa carreira na que tamén desenvolveu a súa faceta como actor e produtor de cine e series.

A estrea mundial de “Una obra maestra” realizarase o 7 de setembro na Sala Grande do Palacio de Cine. Despois da proxección darase paso á cerimonia de entrega de premios da presente edición do certame.

Capotondi, que anteriormente dirixiu “La doppia ora” (2009), firma esta elegante e magnética película ambientada nos palacios do Lago Como, en Italia, que narra a historia dun crítico de arte, James Figueras (Claes Bang), que seduce a unha turista Berenice Hollis (Elizabeth Debicki). Xuntos chegan á luxosa propiedade do poderoso coleccionista de arte Cassidy (Mick Jagger). Este  revélalles que é o mecenas do tímido Jerome Debney (Donald Sutherland) e failles unha estraña petición aos dous: roubar a calquera prezo unha das obras mestras de Debney.