Cluster Audiovisual Galego

Ródase en Madrid “La maldición del guapo”, protagonizada por Gonzalo de Castro, Juan Grandinetti e Malena Alterio

12-07-2019

O director arxentino Beda Docampo (“Amores locos”, “Francisco, el padre Jorge”) volve a poñerse detrás da cámara con "La maldición del guapo", unha elegante e astuta comedia de estafadores que encabezan Gonzalo de Castro (“La Torre de Suso”, “Superlópez”) e o actor arxentino Juan Grandinetti (“Despido Procedente”, “Pinamar”).

Completan o reparto un nutrido grupo de recoñecidos actores como Malena Alterio (“Perdiendo el Este”, “Vergüenza”), Ginés García Millán (“Regreso al horizonte”, “Matadero”), Cayetana Guillén Cuervo (“Una pistola en cada mano”, “El Ministerio del Tiempo”), Carlos Hipólito (“1898: Los últimos de Filipinas”, “Vivir sin permiso”) e Andrea Duro (“Los miércoles no existen”, “Pasaje al amanecer”).

O guión está escrito polo propio Beda Docampo, que sinala que “La maldición del guapo´ é unha comedia de trazo fino onde se tocan temas cos que calquera pode conectar: a paternidade e o egoísmo, a atracción do diñeiro fácil, as amizades perigosas, a presión de ter éxito, as vocacións postergadas, as dificultades de encontrar unha paixón amorosa e as tentacións dos desafíos que, en apariencia, teñen moito de improbable”.

A rodaxe transcorrerá ao longo de seis semanas por diversas localizacións de Madrid e arredores.

"La maldición del guapo" é unha coprodución hispanoarxentina entre Arcadia Motion Pictures, Cados Producciones, Dammed Bello e Zarlek Producciones. Ademais, conta coa participación de RTVE, e o financiamento do ICAA, Ministerio de Cultura.

Filmax será a responsable de distribuír a película en cines en España, ademais de levar as vendas internacionais.

Sinopse

Humberto, un home sedutor e estafador a partes iguais, leva unha vida tranquila en Madrid logo de cumprir condena por unha antiga estafa que lle custou a relación co seu fillo Jorge, co que non fala desde hai anos. Agora Jorge é un home honrado que se verá obrigado a pedir axuda ao seu pai ao ser vítima dun roubo na xoiería na que traballa. ‘La maldición del guapo’ é unha elegante e astuta comedia de estafadores, onde ninguén parece ser quen realmente é”.