Cluster Audiovisual Galego

O Clúster promove unha misión empresarial do audiovisual galego ao Rio2C 2019

10-05-2019

As produtoras Ficción Producciones e Tamboura participaron na Misión directa do audiovisual galego, promovida polo Clúster, ao Rio2C - Rio Creative Conference 2019, que se celebrou do 23 ao 28 de abril na cidade brasileira de Río de Xaneiro. Un evento internacional sobre produción de contido audiovisual, aberto a toda a industria da televisión e dos medios dixitais. 

Desta maneira, o Clúster fomenta a internacionalización do audiovisual galego e facilítalles ás empresas a posibilidade de coñecer as últimas tendencias do mercado a nivel mundial e de expandir a súa actividade e facer negocios con industrias doutros países. 

Esta misión directa do Clúster enmárcase dentro do Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios e conta co apoio financeiro do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), da Xunta de Galicia e da Unión Europea. 

Rio2C é o maior encontro de creatividade e innovación de América Latina. Desde os seu nacemento, supón o evento de referencia no mercado ao abranguer e ampliar a estrutura do RioContentMarket, plataforma de debates, tendencias e negocios relacionados ao segmento audiovisual desde 2010. 

En 8 anos, participaron do evento máis de 38.000 executivos de medios dixitais, broadcasting e mobile, programadores, publicitarios, distribuidores, creadores, produtores e compradores de contidos de máis de 36 países. 

Toda a comunidade de creadores que consolidou o RioContentMarket no calendario mundial do audiovisual se ampliou para os mercados de innovación e música. Como Rio2C, o evento aumenta o seu potencial de conectar os profesionais da industria creativa, celebrando o presente e reinventando o futuro.