Cluster Audiovisual Galego

“Bikes”, nomeada ao Goya a mellor película de animación, presenta o seu teaser tráiler

10-01-2019

Este 2019 Filmax estreará en cines “Bikes”, a primeira coprodución oficial entre España e China, que marca o camiño para novos proxectos entre ambos países. Nominada ao Goya a mellor película de animación, “BIKES”, que acaba de estrear teaser tráiler, transmite unha mensaxe de coidado do medio ambiente e de loita contra a contaminación.

Baixo a produción de Ximo Pérez, está dirixida por Manuel J. García Pozo, creador da idea orixinal e que conta con máis de 25 anos de experiencia durante os cales traballou para os maiores estudios do mundo como Disney, Warner Bros, Universal e Hanna Barbera, e conta cun guión firmado por Jhon Michael Boughn e Michael Maurer.

A coprodución “Bikes” uniu para esta ocasión á española Animation Bikes AIE, o grupo CVC de China e a arxentina Aleph Media. As vendas internacionais correrán a cargo de Filmax, ademais da súa distribución en cines.

Sinopse

Benvidos a Spokesville, un lugar xenial para vivir, traballar e divertirse, situada entre bosques e ríos e habitada completamente por bicicletas. Nela coñeceredes a Speedy, unha bici de montaña rápida, valente e adorable cuxa historia constitúe o núcleo narrativo de “Bikes”. Os seus mellores amigos son Piñón, unha bicicleta urban, Gassy, unha simpática bomba de aire que rexenta o taller da cidade, e Montana, unha audaz bicicleta, intelixente e sen medo a dicir o que pensa. Spokesville é unha cidade máxica e multicolor, o aire é limpio e o ambiente impoluto. A vida é idílica para os seus habitantes, ata que un día un artefacto do que non se oíra falar, o motor de explosión a gasolina, chega á cidade. O que sigue é unha emocionante e divertida aventura na que Speedy se transformará no líder natural dun movemento en defensa do medio ambiente. Para elo terá que loitar contra o motor de gasolina e os seus indutores, os banqueiros Rómulo e Remo, propietarios do banco de Spokesville e o seu protexido e campión local Rock Bikerson. Pertencerá o futuro de Spokesville ao motor de gasolina ou á nova e revolucionaria tecnoloxía “sostible” que o vello sabio e inventor chino Mr. Chan desenvolve en segredo? Unha apaixoante carreira de bicis decidirá o futuro da cidade. Poderá Speedy triunfar e mellorar as cousas?