UE
Cluster Audiovisual Galego

O Clúster


SOMOS

Unhas 40 compañías que participamos activamente no sector de produción audiovisual galego.
A nosa misión é seguir desenvolvendo proxectos empresariais de vangarda para facer de Galicia un referente nacional (e por que non, internacional) na industria audiovisual. 
Baseámonos na colaboración activa entre todos os axentes que compoñemos este sector para optimizar o noso traballo e xerar valor engadido.
Dispoñemos do recoñecemento de Agrupación de Empresas Innovadoras (AEI) con nivel de excelencia polo Ministerio de Economía, Industria y Competitividad.

QUEREMOS

Buscar sempre novas rutas, investindo en I+D+i. 
Chegar máis aló, internacionalizando os nosos produtos. 
Investir e confiar no talento galego. 
Potenciar as nosas sinerxías empresariais. 
Optimizar as canles de financiamento.