UE
Cluster Audiovisual Galego

Aviso legal

AVISO LEGAL

Información da compañía
O Clúster Audiovisual Galego é unha asociación inscrita no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia co número 2017/021384-1 e con C.I.F G-15891260, domiciliada en Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n Edificio FEUGA 15705 – Santiago de Compostela.
O teléfono de atención ao público é o 981 941 792 e o buzón de correo electrónico xeral cluster@clag.es. O Clúster Audiovisual Galego é propietario do dominio da páxina web www.clusteraudiovisualgalego.com.

Obxecto da web 
A web do Clúster Audiovisual Galego ten como obxectivo favorecer a actividade empresarial dos membros do Clúster, as súas áreas de traballo, os proxectos que realizan e comunicar as novidades que se presentan dentro do sector audiovisual.

Propiedade Intelectual e Industrial
Todos os dereitos reservados. Os textos, imaxes, sons, animacións, vídeo e resto de contidos incluídos neste website son propiedade do Clúster Audiovisual Galego. Calquera transmisión, distribución, reprodución, comunicación pública, posta a disposición, transformación, manipulación ou almacenamento, total ou parcial, require o previo e expreso consentimento por escrito do Clúster Audiovisual Galego, salvo cando se indique o contrario. Salvo autorización expresa por escrito, non se permite o establecemento de dispositivos técnicos de enlace que dende páxinas de terceiros dean acceso directo á páxina do Clúster Audiovisual Galego.

Os logotipos do Clúster Audiovisual Galego, así como os seus nomes comerciais, as súas marcas, envases e demais elementos susceptibles de propiedade industrial están rexistrados por (son propiedade de) Clúster Audiovisual Galego.

Este website pode conter dispositivos técnicos de enlace(s) a páxinas externas sobre as cales o Clúster Audiovisual Galego , non se responsabiliza en ningún caso respecto dos contidos ou de calquera outro aspecto relacionado con ditas páxinas ou o seu acceso.

O Clúster Audiovisual Galego non pode garantir a ausencia de virus informáticos ou de calquera outro compoñente ou condición prexudicial na nosa páxina web ou nos servidores que a fan dispoñibles. O Clúster Audiovisual Galego, exclúe, con toda a extensión permitida polo ordenamento xurídico español, calquera responsabilidade polos danos e prexuizos que acompañen ao ou se deriven do uso destas páxinas web.

O Clúster Audiovisual Galego pode modificar sen previo aviso as características, especificacións e fotografías dos seus produtos, así como calquera outra información aquí recollida, e non está suxeita a ningunha garantía de ningún tipo.

Toda a información e datos descritos no sitio foron extraídos de fontes fidedignas. O Clúster Audiovisual Galego pode modificar sen previo aviso calquera información aquí recollida e esta non está suxeita a ningunha garantía de ningún tipo. O Clúster Audiovisual Galego non é responsable de calquera dano directo ou indirecto que poda ocasionar a exactitude, veracidade ou exhaustividade de dita información, ou o uso que dela poda facerse.

En ningún caso se entenderá que, polo acceso a esta website, o usuario obtén licenza ou autorización para a utilización, máis alá do uso estrictamente privado, de ningún contido, información ou servizo existentes na website ou sobre ningún dereito relacionado con eles, especialmente os de propiedade intelectual e industrial.

O presente aviso legal réxese en todos e cada un dos seus extremos polas leis españolas.

O Clúster Audiovisual Galego resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida na súa web, da configuración e presentación deste e das condicións de acceso.

O Clúster Audiovisual Galego resérvase a facultade de almacenar os enderezos IP dos usuarios que acceden ao sitio web para a creación de estatísticas de acceso, coñecer os movementos dos usuarios e acumular información demográfica ampla en conxunto. Esta información é almacenada o tempo máximo que esixe a lei.



POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS

RESPONSABLE
CLÚSTER AUDIOVISUAL GALEGO. Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. Edificio Feuga. Campus Vida. 15705-Santiago de Compostela. Teléfono 981 941 792. Mail: cluster@clag.es

FINALIDADE
Con carácter xeral a finalidade do tratamento de datos será a prestación de servizos, xestión comercial e o envío de información. En particular,
-  Xestionar o envío de información sobre as condicións de adhesión ao Clúster.
- Xestionar o envío de información sobre cursos de formación, xornadas, foros, eventos, proxectos e servizos e coñecer a súa opinión con respecto á información facilitada. 
- Xestionar e ofrecer os distintos servizos que o Clúster Audiovisual Galego presta aos seus asociados e/ou outras empresas.
- Contactar cos remitentes de información ao Clúster, dar resposta á súa solicitude, petición ou consulta, así como facer un seguimento posterior.
- Xestionar e levar a cabo a prestación de servizos contratada polo usuario e, de ser o caso, a súa facturación e cobramento.
- Xestionar, de ser o caso, os procesos de rexistro do usuario na páxina web, no correo electrónico e nos boletíns de novas do Clúster.
- Xestionar, de ser o caso, os procesos relacionados coas actividades de formación, internacionalización, innovación, difusión, comunicación e/ou prestación de servizos asociativos.
- Xestionar, de ser o caso, o envío, recepción e tratamento dos formularios de inscrición nas diferentes actividades do Clúster así como os cuestionarios de satisfacción e/ou de valoración da calidade das mesmas.
-  Crear, de ser o caso, o perfil de usuario para ofrecerlle contidos, produtos e servizos dun modo personalizado.
-Valorar e xestionar, de ser o caso, o seu currículum vitae para procesos de selección que se adapten ao seu perfil profesional e levar a cabo as actuacións necesarias para a selección e contratación de persoal.
Non trataremos os datos persoais con outra finalidade que as aquí descritas excepto por obriga legal ou requirimiento xudicial.

LUGAR ONDE SE GARDA A INFORMACIÓN
A información proporcionada gárdase no servidor do Clúster ou en provedores e empresas encargados do tratamento de datos que teñan os servidores no territorio da Unión Europea ou estén amparados polo Privacy Shield. 

DURACIÓN
Os datos  persoais necesarios para a xestión dos servizos que presta o Clúster serán conservados durante todo o tempo que se manteña a relación asociativa  e/ou a  prestación de servizos, mentras sexa necesario para o cumprimento das  responsabilidades legais e ata que prescriban as eventuais responsabilidades derivadas destas ou mentres o titular dos datos non exerza o seu dereito de supresión ou oposición ao tratamento.  

LEXITIMACIÓN
A execución da prestación dos servizos que ofrece esta entidade aos seus asociados derivados do contrato de adhesión á mesma e da aceptación dos seus Estatutos, cumprimentos legais e consentimento do interesado.

CESIÓN A TERCEIROS DOS DATOS
Non se cederán datos a terceiros, salvo os necesarios a empregados, colaboradores e provedores para a prestación dos servizos e/ou por obrigas legais. En particular, os datos poderán ser comunicados ás seguintes entidades: 
• Ás diferentes administracións públicas: local, autonómica, estatal e europea así como ás empresas públicas e organismos dependentes con fins estatísticos ou para a participación do Clúster e as súas empresas en  convocatorias de axudas, subvencións, concursos ou programas de financiamento.
• A outras entidades privadas (asociacións, fundacións e sociedades) con fins estatísticos ou para a participación do Clúster a as súas empresas en convocatorias de axudas, subvencións, concursos ou programas de financiamento.
• Ás entidades financeiras a través das que se articule a xestión de cobramentos e pagamentos. 

• Á asesoría fiscal e  contable a través da que se xestionen as obrigas fiscais e contables do Clúster.
No caso de facilitar datos de terceiros a esta entidade, a persoa interesada asume a responsabilidade de informalos previamente de todo o previsto no artigo 14 do Regulamento xeral de protección de datos nas condicións establecidas no dito precepto.
 
DEREITOS
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se no Clúster Audiovisual Galego estamos a tratar datos persoais que lles concernan, ou non. 
O titular dos datos ten os seguintes dereitos:
• Dereito a retirar o consentimento en calquera momento.
• Dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos, portabilidade ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos. 
• Dereito a solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, nese caso unicamente os conservaremos para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
• Dereito a oporse ao tratamento dos seus datos, nese caso deixaremos de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos imperiosos, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.
• Dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control competente, Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente.

Para exercitar os seus dereitos poderá facelo enviando unha comunicación, por correo postal a CLÚSTER AUDIOVISUAL GALEGO. Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. Edificio Feuga. Campus Vida. 15705-Santiago de Compostela ou ao mail: cluster@clag.es.
 

COOKIES
QUE SON AS COOKIES
As galletas ou cookies son arquivos de texto que se descargan ao equipo terminal do usuario (computador, tableta, teléfono móbil...) e que se gardan na memoria do seu navegador. Os datos contidos nas galletas poden ser analizados polo Clúster para mellorar a usabilidade das webs e ofrecer unha información e uns servizos máis personalizados.
Os datos de navegación recuperados polas galletas son anónimos e non están asociados a ningunha persoa. A información persoal deberá ser facilitada ao Clúster de forma explícita polo usuario.
O usuario poderá borrar ou desactivar as galletas desde a configuración dos navegadores. Neste caso, a páxina web continuará operativa, pero sen as vantaxes da personalización. 
QUE TIPO DE GALLETAS UTILIZA O CLÚSTER
• Segundo a entidade que as xestiona:
-Propias. Son galletas que se envían desde un equipo ou dominio xestionado polo Clúster ao terminal do usuario.
-De terceiros. Son galletas que se envían ao terminal do usuario desde un equipo ou dominio non xestionado nin controlado polo Clúster. Neste caso inclúense tamén as galletas instaladas polo Clúster que recompilan información xestionada por terceiros. As galletas de terceiros poden utilizarse para a medición e a análise do comportamento dos usuarios co obxectivo de mellorar a súa experiencia na web do Clúster.
• Segundo o prazo de tempo que permanezan activadas:
-De sesión. Recollen datos mentres o usuario navega pola web do Clúster coa fin de prestar o servizo solicitado. Caducan ou se borran cando se pecha o navegador.
-Persistentes. Gárdanse no terminal do usuario. Caducan nun período longo ou medio de tempo ou non o fan nunca.
• Segundo a finalidade:
-Técnicas. Son as necesarias para a correcta navegación pola páxina web.
-De personalización. Permiten ao usuario definir as características (idioma) para a navegación pola páxina web.
-De análise. Permiten ao Clúster a análise vinculada á navegación realizada polo usuario coa fin de levar a cabo un seguimento do uso da páxina web, así como facer estatísticas dos contidos máis visitados, do número de visitantes, etc.
-Publicitarias.
FINALIDADE DAS GALLETAS
As finalidades das galletas utilizadas no Clúster son:
• Técnicas. O obxectivo deste tipo de galletas é facer posible que a navegación pola páxina sexa satisfactoria. Este tipo de galletas permite que o sistema recoñeza aos usuarios rexistrados e lle lembre o nome de usuario e o contrasinal, entre outras funcións.
• De personalización. Estas galletas permiten que o usuario acceda á web do Clúster con algunhas características de carácter xeral predefinidas, tales como o idioma, o navegador ou a localización xeográfica desde onde se accede ao servizo. Esta información dos usuarios permite ao Clúster poder ofrecer un mellor servizo e máis personalizado.
• Analíticas. Os datos anónimos contidos nestas galletas permiten a medición, o seguimento e o estudo da actividade dos usuarios a fin de incorporar melloras nos sitios web, aplicacións e plataformas do Clúster.
• Publicitarias. Estas galletas fan posible a xestión dos espazos publicitarios baseándose en criterios como a edición de contidos ou os hábitos de navegación dos usuarios.